09/09/2026
⛰️ Por que se chama así a Pedra Campaíña?
Manuel Ruibal explícanos a orixe do seu nome e a tradición que hai detrás desta curiosa pedrafita.
Segundo conta, ao bater nelas cunha ferramenta de ferro, producían un son semellante ao dunha campá. Unha pequena historia que forma parte da memoria dos antigos camiños que atravesan o Xalo 🌿
📲 Descubre esta e outras historias do monte Xalo coa aplicación Monte Xalo, dispoñible para iOS e Android.