16/09/2026
📣🚴♂️ ¡Volve o Día da Bicicleta a ! 🚴♀️
O vindeiro domingo 27 de setembro pechamos o calendario deportivo do mes cunha das nosas citas favoritas. Subímonos á bicicleta e regresamos ao encoro das Forcadas, entre Loira e Vilaboa, para desfrutar sobre dúas rodas dunha paisaxe bastante inusual dados os baixos niveis de auga, que amosan os restos das antigas edificacións asolagadas coa construción do encoro.
Aquí tedes toda a información clave:
📍 Punto de encontro: Campo de fútbol Juan Sabín - O Lameiro.
⏰ Horarios: Concentración ás 11:00 h | Saída ás 11:30 h.
🗺️ Percorrido: 11 km bordeando o encoro.
🟢 Dificultade: Baixa (perfecto para todas as idades).
🪖 Requisito obligatorio: Uso do casco.
🎁 E ao rematar o percorrido, sortearemos unha morea de agasallos grazas ao comercio local.
📝 ¿Como inscribirse? Podes recoller e entregar a túa folla de inscrición a partir deste venres pola mañá no rexistro da casa consistorial. E a partir do luns 21, tamén na delegación de La Voz de Galicia en Ferrol (rúa Manuel de Cal, no Cantón de Molíns). Tamén haberá un punto informativo para inscricións de última hora o mesmo domingo a partir das 10:30 h.
🤝Organiza a Concellería de Deportes de Valdoviño, promoven La Voz de Galicia e Radiovoz, e patrocinan a Cooperativa de Vilaboa, Cándido Hermida e Eroski. Contaremos co apoio de Protección Civil e Policía Local para garantir a seguridade de todos. 👮♂️🛡️¡Prepara a túa bici e non perdas a cita! ¡Agardámosvos!
-
COOPERATIVA DE VILABOA Eroski RadioVoz Ferrol La Voz de Galicia. Edición Ferrol