11/11/2026
¿ Sabíades cómo comenzou a primeira gran folga xeral da nosa cidade ?
En abril de 1901 as misteiras comenzan unha folga que duraría un mes e chegaría a deixar a cidade sen abastecemento de mistos.
Traballaban en condicións insalubres, manipulando fósforo branco e productos químicos sen ningún tipo de protección, o que lles provocaba grandes doenzas e constantes riscos de incendios.
Soportaban xornadas de dez horas diarias, seis días á semana , ademais de horas extra, por un salario miserable e baixo a ameaza da mecanización.
Esto sería a faísca da folga xeral, xa que contarían coa solidaridade do movemento obreiro coruñés, e sumouse a outras protestas, como a folga dos consumeiros.
Esta axitación desembocou na folga xeral dos días 30 e 31 de maio de 1901, que paralizou a cidade, e foi reprimida a tiros pola Garda Civil, rematando cun obreiro morto por un disparo.
A resposta d@s cascarilleir@s foi inmediata:
- parón total nas fábricas, obradoiros, porto e comercios
- declaración do estado de guerra, e o exército tomando as rúas
- tres días de resistencia obreira que marcou un antes e un despois na historia sindical de Galicia.
A represión foi durísima e cobrouse a vida de sete persoas, deixando unha pegada imborrable na memoria da cidade.
Coñecíades este episodio da historia cascarilleira?
Lémosvos nos comentarios!