De cabo a rabo

Cómo llegar Página web

De cabo a rabo "...terra, agora, se possível, mais amada, porque em milhares de quilómetros e rostos foi vista". José Saramago

Camiñar non deixa de ser unha descuberta interior e exterior, un sentirse libre, un coidarse, un deter o tempo, porque todo acontece máis lentamente mentras camiñamos. Un coñecer a historia dun lugar e as memorias das súas xentes e valorar así o que somos e de onde vimos.

Os Camiños de Santiago en Galicia. O Camiño Portugués pola Costa. O Camiño de Santiago Portugués pola Costa é unha antig...
09/10/2026

Os Camiños de Santiago en Galicia. O Camiño Portugués pola Costa.

O Camiño de Santiago Portugués pola Costa é unha antiga vía de peregrinación que une Portugal con Santiago de Compostela seguindo, en boa parte, a fachada atlántica. Entra en Galicia pola desembocadura do Miño, na Guarda, e continúa por Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, ata enlazar en Redondela co Camiño Portugués procedente de Tui.

Ao longo do percorrido mestúranse paisaxes costeiras, antigas vías de comunicación, igrexas, mosteiros e lugares vinculados á historia marítima e comercial de Galicia e Portugal. A presenza do mosteiro de Oia, a importancia histórica de Baiona e a entrada pola fronteira do Miño converten este itinerario nun camiño no que se cruzan peregrinación, espiritualidade, historia e lazos culturais, económicos e humanos entre Galicia e Portugal que ningunha fronteira foi quen de quebrar.

O seu percorrido conta con 8 etapas e uns 163 quilómetros de lonxitude, con paradas en: A Guarda - Oia - Baiona - Vigo - Redondela - Pontevedra - Caldas de Reis - Padrón - Santiago de Compostela. E agora que xa tedes unha idea do asunto, queredes acompañarme? ❤️

Ruta dos muíños da Torrente (PR-G 278) con volta pola Clamadoira e o roteiro de Torrente Salgueiro (PR-G 217). Galicia.L...
08/10/2026

Ruta dos muíños da Torrente (PR-G 278) con volta pola Clamadoira e o roteiro de Torrente Salgueiro (PR-G 217). Galicia.

Lonxitude: 11km // Tempo de execución: 4h
Punto máis alto: 860m // Punto máis baixo: 624m
Tipo de percorrido: circular

Partindo da propia aldea de Muíños e remontando a corga co mesmo nome, descubriremos numerosos muíños agochados nunha densa e verde fraga de carballos. Este percorrido, perfectamente sinalizado, é lineal e duns 4 quilómetros de lonxitude.

Como alternativa para o camiño de volta, propóñovos achegarvos ata a Ermida da Clamadoira, cunhas espectaculares vistas que nos permiten, en días despexados, apreciar incluso perfectamente o Aquis Querquennis da outra beira do encoro. Dende ahí e continuando polo roteiro de Torrente Salgueiro coñeceremos as aldeas de Picós e Agrelo así coma a igrexa de San Pedro e a súa magnífica casa reitoral, reconvertida hoxe en día para o turismo. Esta parte tamén está ben sinalizada, pero por se acaso quédavos o meu track de ruta no Wikiloc coma sempre.

Espero que vos guste! 😍

Igrexa Parroquial de San Martiño e pazo Abacial de Barcia de Mera.Roteiro por Barcia de Mera e a senda do río Alén. Conc...
07/10/2026

Igrexa Parroquial de San Martiño e pazo Abacial de Barcia de Mera.
Roteiro por Barcia de Mera e a senda do río Alén. Concello de Covelo. Galicia.

Sabíades que a igrexa parroquial de San Martiño de Barcia de Mera…?

- É produto do fenómeno indiano nado en Barcia de Mera entre o 1616 e o 1642.
- Que os traballos de reconstrución da nova igrexa fixéronse en dúas etapas, unha da man do abade Don Antonio Pérez Rivera e outra por Don Alberto Bello Barreyro, que foi abade nada menos ca 43 anos e o principal contribuínte aos grandes gastos das obras.
- Que o presbiterio, nave, cruceiro e portada son obra de autores anónimos e a torre campanario barroca é de influencia claramente compostelá.
- Que xa aló polo século XIII era coñecida esta parroquia co nome de Barciademera.
- Que a principios da década de 1980 foi elixida para rodar unha escena da película “La hora bruja” (1985), onde Victoria Abril e Paco Rabal protagonizaron unha escena namoradeira no alto do campanario.
- E que detrás da imaxe das ánimas representada nun dos seus retablos agóchanse pinturas antigas!

E sabíades que o pazo Abacial de San Martiño de Barcia de Mera…?

- Foi mandado construír sobre 1740 polo abade Don Alberto Bello Barreyro.
- Sufriu un incendio no 1890 no que se perde o Libro de Fábrica deste edificio, concluído no 1752.
- Conta con dependencias secundarias ao servizo da veciñanza coma muíño, forno, lagar e ferrería. Tamén con recursos defensivos contra os ladróns, coma as troneiras.
- Ten unha das máis fermosas fachadas pacegas do barroco galego.
- Destaca por posuír no seu interior dun fermoso patio dende o que se accede ás dependencias por catro portas distintas, unha delas por medio dun fermoso patín.

Ahí vos deixo unhas fotiños á espera de que vos gusten! 😍

Roteiro por Barcia de Mera e a senda do río Alén. Concello de Covelo. Galicia.Lonxitude: 11km // Tempo estimado: 4hAscen...
06/10/2026

Roteiro por Barcia de Mera e a senda do río Alén. Concello de Covelo. Galicia.

Lonxitude: 11km // Tempo estimado: 4h
Ascenso: 423m // Descenso: 415m
Punto máis alto: 335m // Punto máis baixo: 165m
Tipo de ruta: circular

A pesar do seu curto percorrido, este roteiro conta con variado patrimonio eclesiástico e etnográfico, entre o que destacan especialmente os muíños de Portafurado, a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera, a casa reitoral, a casa do Souto ou da Inquisición, o cruceiro e a capela de San Xoán do Mosteiro, unha ponte romana e a fonte da Santa.

Pero a súa beleza paisaxística non é de menor importancia. Fermosos bosques autóctonos, verdes camiños e as pozas e fervenzas que forman as augas do río Alén manterannos totalmente entretidos durante todo o percorrido.

Sen grandes dificultades técnicas, este roteiro conta con subidas e baixadas alternas. Segue o trazado da Vía Mariana nunha parte do seu curso e a primeira metade está bastante ben sinalizada, non así a segunda. Quédavos coma sempre o meu track no Wikiloc por se queredes empregalo coma apoio, no perfil de “de cabo a rabo”.

Encantaravos! ❤️

Os sequeiros de Pena Folenche.Vía Nova. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Ponte Navea e Ponte Bibei.Os ...
01/10/2026

Os sequeiros de Pena Folenche.
Vía Nova. De Bracara Augusta a Asturica Augusta.
Tramo entre Ponte Navea e Ponte Bibei.

Os sequeiros son construcións tradicionais empregadas, neste caso concreto fai décadas, coma vivenda temporal durante un par de meses ao ano, os de recolección da castaña, un froito que por aquel entón tiña unha importancia fundamental para a economía local. Cunha vintena máis ou menos de sequeiros, edificados en pedra e cunha dobre altura no seu interior dacordo á súa función, daban acubillo ás xentes de poboacións próximas coma San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa ou Manzaneda.

As castañas eran colocadas na parte superior da estrutura de madeira do sequeiro, xusto enriba do lume da cociña. Unha vez secas, metíanse nun s**o de tela e golpeábase o mesmo contra unha superficie dura até conseguir tirar a casca da castaña. O obxetivo deste proceso era preparalas para o seu almacenamento.

Visita máis que obrigatoria se estades pola zona, tanto Pena Folenche coma os seus sequeiros. Isto sí é un perfecto exemplo de etnografía! 😍

PR 2. Trilho do Ourigo. Montalegre. Portugal. Versión reducida. Lonxitude: 17,33km // Tempo estimado: 6hAscenso: 470m //...
30/09/2026

PR 2. Trilho do Ourigo. Montalegre. Portugal.
Versión reducida.

Lonxitude: 17,33km // Tempo estimado: 6h
Ascenso: 470m // Descenso: 470m
Punto máis alto: 1189m // Punto máis baixo: 917m
Tipo de ruta: circular

Hoxe propóñovos unha versión reducida do “trilho do Ourigo”, na que exclúo a vila de Montalegre porque xa a coñezo ben e porque iso permite aforrar uns 10 quilómetros aproximadamente. Se non coñecedes Montalegre, é unha visita máis que obrigatoria cando rematedes!!! Este roteiro circular pasa polos lugares de Torgueira, de onde parte, Cambeses do Rio e Castanheira da Chã. Todos eles semellan ancorados no tempo mantendo á perfección a esencia e o encanto das aldeas de toda a vida.

Será a través de diferentes camiños poboados con vexetación do máis variada que alcanzaremos unhas impresionantes vistas do encoro do Alto Rabagão. Aínda que a maior parte do percorrido está limpo, hai un par de tramos un pouco conflictivos pero nos que se pode camiñar polos prados circundantes até voltar á parte transitable do camiño. En canto á sinalización, tamén é deficitaria ou confusa nalgúns puntos concretos e está cuberta pola vexetación noutros, polo que recomendo levar algún tipo de apoio. Podedes seguir o meu track no Wikiloc se queredes, no perfil “de cabo a rabo”.

Todo o roteiro paga a pena polo variado que é, así coma polo patrimonio que agochan as súas aldeas, pero a segunda parte é especialmente fermosa! 😍

O Burgo. Vía Nova. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Pesqueiras e Ponte Navea.Sabíades que…?- A igrexa ...
29/09/2026

O Burgo.
Vía Nova. De Bracara Augusta a Asturica Augusta.
Tramo entre Pesqueiras e Ponte Navea.

Sabíades que…?

- A igrexa parroquial de Santa María do Burgo é un testemuño excepcional do románico, que reflicte a relevancia estratéxica do lugar na Idade Media, sendo un enclave fundamental para a recadación do portádego baixo autoridade señorial.

- Afonso IX vencellou no 1228 co "El Foro de Bo Burgo" esta parroquia directamente á coroa, protexéndoa así do poder señorial e regulando a convivencia nun marco legal equitativo, exercéndose a xustiza obrigatoriamente dentro da vila. E que este documento foi o primeiro texto xurídico coñecido en língua galega.

- O forno do pobo e O Pósito eran o eixo da vida comunitaria. Este último era unha especie de banco de gran, que almaceaba o cereal durante o ano e prestáballo aos veciños na sementeira, os cales o devolvían cun rédito mínimo. A edificación correspondente ao Pósito atópase a beira da igrexa.

- Por aquí pasa a antiga Via Nova e unha das súas once mansións estaba ubicada neste lugar, máis concretamente a denominada Praesidio, consolidándose coma lugar histórico de paso e acollida. De ahí que as súas casas conten con singulares fiestras que deixan ver o seu uso pasado coma tabernas ao ser este lugar de parada e posta.

Como vedes, todos os lugares teñen a súa historia ❤️.

29/09/2026
Camiñando pola Serra da Groba. Provincia de Pontevedra. Galicia. Lonxitude: 9,7km // Tempo estimado: 3hAscenso: 350m // ...
28/09/2026

Camiñando pola Serra da Groba. Provincia de Pontevedra. Galicia.

Lonxitude: 9,7km // Tempo estimado: 3h
Ascenso: 350m // Descenso: 350m
Punto máis alto: 695m // Punto máis baixo: 544m
Tipo de ruta: circular

Aquí vos achego unha proposta para coñecer e desfrutar das fermosas panorámicas que nos ofrece a serra da Groba. Dende o miradoiro de C***o Ladredo veremos perfectamente a costa dende Vigo até Baiona con total claridade, tamén as Illas Cíes e as Estela. Dende ahí dirixirémonos cara Monte Salgueiro, o punto máis alto e o que nos da unha perspectiva 360 graos da zona. E por último achegarémonos ao Alto do Lousado, que nos sorprende coa imaxe da desembocadura do río Miño ao lonxe e a costa norte de Portugal.

O camiño… é camiño nalgunhas zonas e noutras é aventura, que soa mellor ca toxos! Nada grave nin esaxerado, son só algúns puntos concretos nos que compre levantar a vista e ver por onde se pasa mellor. É o lugar idóneo para que cada quen demostre as súas habilidades 🤪! A sinalización tamén é totalmente inexistente. Déixovos o meu track de ruta no Wikiloc, por se queredes botar man del, no perfil “de cabo a rabo”. E advertirvos, sobre todo a aqueles máis medorentos, de que hai unha morea de cabaliños soltos que, tratados con respecto, son totalmente inofensivos.

Unha vez rematedes este roteiro, recoméndovos facer unha paradiña en coche no miradoiro do Cortelliño, a uns minutos estrada abaixo e que nos ofrece unha panorámica un pouco máis próxima da costa sur de Galicia.

Encantaravos! 🤩

Dirección

Allariz

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando De cabo a rabo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir