
21/05/2025
👉🏻 As veciñas e veciños de Soutomaior poderán renovar e facer o DNI e o pasaporte de maneira directa no concello.
👉🏻Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e o concelleiro de Réxime Interior, Diego Moreira, reuníronse esta mañá cos inspectores da Policía Nacional Esteban Pinilla e Arturo Mediavilla co fin de pechar todas as necesidades deste servizo.
👉🏻Trátase do Proxecto VIDOC, que consiste en oficinas móbiles da Policía Nacional, no caso de Soutomaior instalarase no propio concello, que permiten, nun solo trámite, obter ou renovar o DNI.
👉🏻 Un servizo que terá unha periodicidade mensual, o 30 de xuño será o primeiro día no que se poña en funcionamento esta positiva iniciativa para o concello.