01/04/2021
ℹ️ 🎊 Pois todas as previsións quedaron curtas e o voso interese pola ruta xeolóxica do sábado obríganos a organizar outra na vindeira fin de semana! (E desde logo, colocala na lista de actividades a realizar con gran interese! 🥳)
💻 O día 30 de abril abriuse o prazo para a inscrición na actividade deste sábado e antes das 10.00h da mañá xa estaban cubertas as prazas comezando a haber lista de agarda, a cal ao longo destes días se foi incrementando.
🗓 A nova ruta será o 11 de abril, co fin de darlles a posibilidade ás persoas que forman parte da elevada lista de agarda que temos para a deste fin de semana de coñecer este interesante tramo do noso litoral dende a perspectiva xeolóxica.
👥 Así, as prazas de ámbalas dúas rutas están completas e segue a haber lista de agarda. En caso de cancelacións contactarase, por orde de inscrición, coas persoas que non obtiveron praza en ningunha das dúas.
👁 Nesta actividade xeolóxica na que se visitarán lugares onde se aprecian rochas subvolcánicas, pregues tumbados e se falará de acontecementos xeolóxicos que sucederon hai centos de millóns de anos; tamén haberá tempo para achegarse aos restos de primitivos arrecifes para, finalmente, rematar na praia de Arealonga na cal se atopan vestixios dunha antiga fraga. Estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.
🪨🐚 Queremos resaltar a importancia de ver as praias como un espazo natural cunha interesante historia xeolóxica, sen esquecer que tamén dispón dunha ampla biodiversidade a ter en conta á hora da súa visita e desfrute.
🤗 Agradecemos a resposta obtida e
🦠📏😷 recordamos que o límite de participantes está marcado pola normativa de prevención da Covid-19. Igualmente, lembramos que a realización da xeoruta e/ou o número final de participantes quedan supeditados tanto ás posibles modificacións normativas que se puideran producir como á idoneidade da meteoroloxía durante esa xornada.