Camiños de Auga

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Camiños de Auga Contámosche que ver e que facer en Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino Toques, Touro, Santiso, Sobrado dos Monxes e Vilasantar para que goces da túa visita.

19/10/2026

🏛️ 𝗦𝗔𝗕𝗜́𝗔𝗦 𝗤𝗨𝗘 𝗘𝗡 𝗚𝗔𝗟𝗜𝗖𝗜𝗔 𝗛𝗔𝗜 𝗨𝗡 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗥𝗢𝗠𝗔𝗡𝗢 𝗤𝗨𝗘 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘𝗨 𝗦𝗢𝗟𝗗𝗔𝗗𝗢𝗦 𝗖𝗛𝗘𝗚𝗔𝗗𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗡𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗗𝗘 𝗔́𝗙𝗥𝗜𝗖𝗔?

Hoxe en 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝘂𝗴𝗮 viaxamos no tempo da man de Alejandro, técnico de Turismo do Concello de Sobrado, para descubrir o 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗥𝗼𝗺𝗮𝗻𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗶𝗮𝗱𝗲𝗹𝗹𝗮. ✨

📍 Situado no concello de Sobrado, é un dos grandes referentes da arqueoloxía romana en Galicia.

⚔️ Construído no século II d.C., chegou a albergar varios centos de soldados procedentes do norte de África.

🏺 Un lugar excepcional para entender a presenza militar romana no territorio e descubrir, sobre o terreo, como era a vida nun campamento deste tipo.

🎟️ 𝗩𝗜𝗦𝗜𝗧𝗔𝗦 𝗚𝗨𝗜𝗔𝗗𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗟𝗗𝗘
Durante os sábados de agosto e setembro, con reserva previa a través do Concello de Sobrado.

👣 Unha oportunidade perfecta para pisar a historia e coñecer un dos enclaves arqueolóxicos máis singulares da zona.

💧 𝗗𝗲𝘀𝗰𝘂𝗯𝗿𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗲𝗻 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝘂𝗴𝗮.

16/10/2026

⏳🏛️ 𝗕𝗢𝗜𝗠𝗢𝗥𝗧𝗢: 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗩𝗜𝗔𝗫𝗘 𝗔𝗢 𝗣𝗔𝗦𝗔𝗗𝗢

Sabías que Boimorto agocha séculos de historia entre as súas paisaxes? 🌿

Desde a prehistoria ata o Imperio romano, estas terras conservan pegadas únicas que nos convidan a viaxar no tempo. ✨

🪨 𝗣𝗿𝗲𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝘃𝗶𝘃𝗮: Os menhires da parroquia de Andabao son testemuñas da cultura megalítica que deixou a súa pegada neste territorio.

🏰 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼𝘀: Antigos poboados fortificados, como o Castro da Roda, lémbrannos como vivían os nosos antepasados.

🏛️ 𝗔 𝗽𝗲𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗥𝗼𝗺𝗮: En 1981 descubriuse un impresionante miliario de máis de dous metros de altura, cunha inscrición do emperador Maximino o Tracio, datada no século III.

🥾 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮: A antiga Vía XIX e o Camiño do Norte forman parte do legado histórico dun territorio polo que hoxe continúan pasando peregrinos camiño de Santiago.

💚 𝗕𝗼𝗶𝗺𝗼𝗿𝘁𝗼 𝗲́ 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝘃𝗲. 𝗘́ 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗱𝗲𝘀𝗰𝘂𝗯𝗿𝗶𝗿.

📲 Garda este vídeo para a túa próxima escapada e descubre todo o que agochan estas terras!

💧 Descubre máis en Camiños de Auga.

13/10/2026

🔐 𝗦𝗔𝗕𝗜́𝗔𝗦 𝗤𝗨𝗘 𝗘𝗡 𝗔𝗥𝗖𝗔 𝗦𝗔𝗡 𝗣𝗘𝗗𝗥𝗢 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗢́ 𝗔𝗕𝗥𝗘 𝗔𝗦 𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗢 𝗖𝗘𝗢?

Tamén abre as da 𝗖𝗮𝗽𝗲𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗜𝗿𝗲𝗻𝗲, no concello do Pino. ⛪✨

Se fixeches o Camiño por Arca, seguramente xa viches esta pequena ermida de pedra. Pero a súa historia agocha máis dunha curiosidade.

⚔️ A tradición conta que foi saqueada polos soldados de Napoleón antes de pasar a noite en Santa Eulalia de Arca.

🔑 O templo, dedicado a San Pedro e de propiedade privada, permanece pechado durante practicamente todo o ano.

🎉 𝗢 𝟮𝟵 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗻̃𝗼 chega o seu gran día: misa solemne, procesión e unha romaría que continúa na carballeira de Santa Irene con música, sesión vermú, xantar popular e verbena.

🌳 Unha desas celebracións que unen patrimonio, tradición e vida veciñal ao pé do Camiño.

📍 Santa Irene · Arca · O Pino

💧 𝗗𝗲𝘀𝗰𝘂𝗯𝗿𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗲𝗻 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝘂𝗴𝗮.

10/10/2026

O Club Arzúa Bike organiza coa colaboración da Diputación da Coruña unha nova actividade para este sábado. Mañá falamos dela con Óscar Miranda, membro do Club.

09/10/2026

🛍️ En Melide, os domingos son días de feira.

O comercio local abre as súas portas e a vila énchese de vida. Na Praza das Coles e na Rúa da Alhóndiga atoparás produtos da terra: froitas e hortalizas de tempada, plantas, mel, queixos e moito máis.

Nos arredores do Parque Rosalía de Castro, o mercado complétase con postos de roupa, calzado e complementos.

Porque en Melide sempre atoparás algo que levar contigo. Volver de baleiro é case imposible.

💙 Descubre máis en Camiños da Auga.

05/10/2026

⚔️ 𝗦𝗔𝗕𝗜́𝗔𝗦 𝗤𝗨𝗘 𝗘𝗡 𝗕𝗢𝗜𝗠𝗢𝗥𝗧𝗢 𝗛𝗔𝗜 𝗨𝗡 𝗟𝗨𝗚𝗔𝗥 𝗟𝗜𝗚𝗔𝗗𝗢 𝗔́ 𝗧𝗥𝗔𝗗𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗣𝗟𝗔𝗥𝗜𝗔?

Falamos da 𝗖𝗮𝗽𝗲𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗿𝗲𝗻𝘁𝗶́𝗮, en Anadavao, un pequeno santuario arredor do que se conservan lendas e tradicións populares.

✝️ Na súa fachada pode verse unha 𝗰𝗿𝘂𝘇 𝗽𝗮𝘁𝗮𝗱𝗮, símbolo tradicionalmente asociado á Orde do Temple. A tradición oral conta que este lugar puido empregarse para cristianizar antigos cultos pagáns vinculados á deusa Arentia.

⛲ A poucos metros atópase unha fonte de tres canos, cada un dedicado a un santo: 𝗦𝗮𝗻 𝗖𝗶𝗱𝗿𝗲, 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗶́𝗮 𝗱𝗮 𝗖𝗮𝗯𝗲𝘇𝗮 e 𝗦𝗮𝗻 𝗩𝗶𝘁𝗼́𝗿𝗶𝗼. Segundo a tradición popular, as augas deste último terían propiedades curativas.

🎶 Esta devoción segue viva nas festas de mediados de maio, con tres xornadas dedicadas a cada santo, procesións, música e un gran xantar popular.

✨ Patrimonio, lenda e tradición oral que seguen formando parte da identidade de Boimorto.

💧 𝗗𝗲𝘀𝗰𝘂𝗯𝗿𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗲𝗻 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝘂𝗴𝗮.

🚴‍♀️💧 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗕𝗜𝗖𝗜𝗖𝗟𝗘𝗧𝗔, 𝗧𝗥𝗘𝗦 𝗥𝗜́𝗢𝗦 𝗘 𝗧𝗥𝗘𝗦 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢𝗦El Comarcal, de La Voz de Galicia, achégase ao territorio do GDR Ulla-Ta...
05/10/2026

🚴‍♀️💧 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗕𝗜𝗖𝗜𝗖𝗟𝗘𝗧𝗔, 𝗧𝗥𝗘𝗦 𝗥𝗜́𝗢𝗦 𝗘 𝗧𝗥𝗘𝗦 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢𝗦

El Comarcal, de La Voz de Galicia, achégase ao territorio do GDR Ulla-Tambre-Mandeo para descubrir algunhas das posibilidades que ofrece Camiños da Auga para coñecer o noso rural dun xeito diferente. 💚

A reportaxe propón unha ruta circular de 78 quilómetros en bicicleta, percorrendo Arzúa, Touro, O Pino e Boimorto, nun itinerario que combina camiños de terra, pistas forestais, patrimonio e paisaxes vencelladas aos nosos ríos e aos Camiños de Santiago. 🚲🌿

Unha proposta pensada para promover un turismo de natureza sostible, que nos permita coñecer, respectar e conservar un territorio cheo de lugares por descubrir.

📰 Grazas a La Voz de Galicia e El Comarcal por poñer o foco no potencial turístico do noso territorio.

Camiños da Auga. Un territorio para percorrer, descubrir e desfrutar. 💧🌳

Lectura completa👇

02/10/2026

🚗🌿 𝗕𝗨𝗦𝗖𝗔𝗦 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗥𝗨𝗧𝗔 𝗣𝗘𝗥𝗙𝗘𝗖𝗧𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗣𝗔𝗦𝗔𝗥 𝗢 𝗗𝗜́𝗔?

Hoxe percorremos 𝗧𝗼𝘂𝗿𝗼 seguindo a 𝗔𝗖-𝟮𝟰𝟬, cunha proposta ideal para facer en coche, en familia, con amigos ou coa túa mascota. 🐾

📍 Algunhas paradas imprescindibles:

🌳 𝗖𝗮𝗿𝗯𝗮𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗜𝘀𝗮𝗯𝗲𝗹 · Natureza e tranquilidade en Baiobre.

⛪ 𝗦𝗮𝗻 𝗙𝗶𝘇 𝗱𝗲 𝗤𝘂𝗶𝗼́𝗻 · Un impresionante templo barroco do século XVIII.

💦 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮𝗶𝗮 𝗲 𝗥𝘂𝘁𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝟯 𝗥𝗶́𝗼𝘀 · Muíños, fervenzas e sendeiros xunto á auga.

🎨 𝗙𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗗𝗶́𝗮𝘇 · O corazón do concello, con arte urbana, servizos e vida local.

🌾 𝗛𝗼́𝗿𝗿𝗲𝗼 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝘁𝗲𝗶𝗿𝗼 · Un singular exemplo do patrimonio tradicional declarado BIC.

⛰️ 𝗖𝗼𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗦𝗲𝗯𝗮𝘀𝘁𝗶𝗮́𝗻 · Un miradoiro espectacular sobre o territorio.

🌿 𝗔́𝗿𝗲𝗮 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲𝗹𝗼𝘀 · O punto perfecto para descansar baixo os carballos.

✨ Historia, natureza e patrimonio nunha ruta perfecta para descubrir Touro sen présas.

💧 𝗗𝗲𝘀𝗰𝘂𝗯𝗿𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗲𝗻 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝘂𝗴𝗮.

🔖 Garda este Reel para a túa próxima escapada.

28/09/2026

⛪ 𝗖𝗢𝗡̃𝗘𝗖𝗘𝗗𝗘𝗦 𝗔 𝗜𝗚𝗥𝗘𝗫𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗡𝗧𝗔 𝗠𝗔𝗥𝗜́𝗔 𝗗𝗘 𝗠𝗘𝗭𝗢𝗡𝗭𝗢?

Declarada 𝗠𝗼𝗻𝘂𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼́𝗿𝗶𝗰𝗼-𝗔𝗿𝘁𝗶́𝘀𝘁𝗶𝗰𝗼 en 1931, é unha das grandes xoias do patrimonio medieval de Vilasantar.

🏛️ O templo actual, construído arredor do ano 1200, é un exemplo de 𝗿𝗼𝗺𝗮́𝗻𝗶𝗰𝗼 𝘁𝗮𝗿𝗱𝗶́𝗼, con arcos apuntados e un destacado rosetón. Pero a súa historia vén de moito antes: conserva elementos reutilizados procedentes dun templo anterior de época visigoda e prerrománica.

📜 Foi tamén igrexa dun antigo mosteiro que no século X pasou a depender de Sobrado dos Monxes. Entre os anos 948 e 958 viviu aquí 𝗦𝗮𝗻 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝗲𝘇𝗼𝗻𝘇𝗼, abade e posteriormente bispo.

🌿 Ademais, o templo sitúase nun contorno privilexiado, moi preto da confluencia dos ríos Cabalar e Tambre, combinando patrimonio, historia e natureza.

📍 Santa María de Mezonzo · Vilasantar

💧 𝗗𝗲𝘀𝗰𝘂𝗯𝗿𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗲𝗻 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝘂𝗴𝗮.

25/09/2026

✨ 𝗦𝗔𝗕𝗜́𝗔𝗦 𝗤𝗨𝗘 𝗣𝗢𝗗𝗘𝗦 𝗖𝗢𝗡𝗘𝗖𝗧𝗔𝗥 𝗖𝗢𝗔 𝗔𝗟𝗠𝗔 𝗗𝗨𝗡 𝗣𝗢𝗕𝗢 𝗔 𝗧𝗥𝗔𝗩𝗘́𝗦 𝗗𝗢 𝗦𝗘𝗨 𝗙𝗢𝗟𝗖𝗟𝗢𝗥𝗘?

Hoxe facémolo da man dos 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝘂𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗼𝗶𝗺𝗼𝗿𝘁𝗼. 💃🎶

Esta asociación folclórica leva 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟰𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀 conservando e espallando o legado cultural da comarca. ✨

🏆 Premiados en baile tradicional e cantareiras.
🎭 Impulsores da recuperación da festa da Conrobla e da danza do Ensaio.
🎄 Manteñen vivos os Cantos de Reis en Boimorto.
🎶 Son escola de canto, percusión, gaita e baile para que a tradición siga pasando de xeración en xeración.

💚 𝗖𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮, 𝗶𝗱𝗲𝗻𝘁𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲 𝗼𝗿𝗴𝘂𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮.



Dirección

Rúa Vilanova, 1
Boimorto
15817

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Camiños de Auga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Camiños de Auga:

Atajos

Compartir

Categoría