Mariña Patrimonio

Mariña Patrimonio Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Mariña Patrimonio, Cervo.

Somos unha asociación sociocultural que botou a andar no ano 2008 co fin de defender e divulgar o patrimonio galego, centrándonos especialmente na comarca de A Mariña

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos por labores forestais nas mámoas de Penarrubia, en Lugo. As asociacións ADEGA ...
15/04/2025

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos por labores forestais nas mámoas de Penarrubia, en Lugo.
As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural polo grave impacto que sufriron as mámoas Mogote de Penarrubia 1 e Mogote de Penarrubia 2, situadas no lugar de Penarrubia, parroquia de Orbazai (San Miguel), no concello de Lugo. Estes dous xacementos arqueolóxicos están catalogados como bens patrimoniais no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e incluídos no PXOM de Lugo, polo que contan cun réxime de protección específico que impide calquera intervención sen autorización previa.
Durante unha visita á zona, representantes das asociacións comprobaron que se provocaron danos materiais moi relevantes por mor de labores forestais que incluíron a corta de piñeiros, o arrincado dos tocos e o paso de maquinaria pesada sobre os propios túmulos.
Entre os feitos observados destacan:
A alteración da coraza do túmulo da mámoa 1, con movementos de terra e deterioro da estrutura visible.
Rodeiras de maquinaria pesada sobre ambas mámoas.
Depósito de troncos cortados sobre a superficie da mámoa 1, o que agrava os danos no túmulo.
Afectación dos estratos arqueolóxicos e da morfoloxía dos dous túmulos.
Segundo todo parece indicar, estas actuacións foron realizadas sen contar coa autorización preceptiva da Consellería de Cultura, o que podería supoñer unha infracción grave da normativa de protección do patrimonio cultural.
Ante esta situación, as asociacións solicitan:
Que se comprobe se os traballos contaban coa correspondente autorización.
Que se abra un expediente sancionador contra os responsables, no caso de confirmarse a ausencia de permiso.
Que se adopten medidas correctoras urxentes para restaurar os danos causados e garantir a protección efectiva destes bens patrimoniais.
As mámoas de Penarrubia constitúen un valioso testemuño da presenza humana prehistórica na comarca. A súa conservación é unha responsabilidade colectiva que require o compromiso de todas as administracións.

O pasado domingo, nas Escolas Vellas de San Cosme de Barreiros, diante de máis de cincuenta persoas e coa presenza da Al...
04/04/2025

O pasado domingo, nas Escolas Vellas de San Cosme de Barreiros, diante de máis de cincuenta persoas e coa presenza da Alcaldesa Ana Ermida e o Deputado Provincial Daniel García, o responsable da empresa Tempos Arqueólogos, Francisco Alonso Toucido, deu conta dos resultados acadados na primeira intervención arqueolóxica realizada no xacemento de Santo Estevo, acometida no pasado outono e promovida por Mariña Patrimonio, grazas ao financiamento achegado mediante convenio coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo.
Sábese, grazas á documentación histórica dispoñible e aos restos visibles en superficie, que o xacemento consta dunha pequena igrexa, un cemiterio e cabanas de mulleres eremitas que habitaron o lugar, así como un cuncheiro ou vertedoiro de restos de alimentos, que foi localizado recentemente nas proximidades destes restos.
A intervención realizada tivo un carácter prospectivo e consistiu na realización de tres catas de dous por dous metros, que fixeron aflorar estruturas construtivas que permiten ratificar o interese e, sobre todo, o potencial que ten o lugar. Identificouse unha estrutura cadrada de cinco por cinco metros, que podería ser unha parte da igrexa medieval ou unha vivenda, así como distintos muros que dan pé a pensar que puido haber diferentes niveis de ocupación desde a primeira construción, na alta Idade Media.
Os resultados acadados permiten, por tanto, confirmar o interese do xacemento e convidan a dar continuidade á intervención cunha escavación máis ampla que poida aclarar as incógnitas que esta primeira sondaxe nos ofrece. Sería interesante tamén a escavación e estudo do cuncheiro, que pode ofrecer unha información moi interesante sobre a vida nese lugar a partir dos restos acumulados no mesmo.
Mariña Patrimonio e o Concello de Barreiros están en contacto coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo para darlle continuidade ao proxecto de valorización deste xacemento, que pode aportar moita información histórica sobre este tipo de asentamentos altomedievais sobre os que se sabe moi pouco. Pode ademais, coa consolidación das estruturas escavadas, engadir maior atractivo turístico e cultural a este enclave, que xa posúe un gran valor como espazo natural e paisaxístico.
VIDEO: https://youtu.be/md2sgDa2ZXc

03/04/2025

🎥 Imaxes que falan por si soas.
A Mámoa de Monte Cotón 3 (Friol) conservaba arredor de 1,7 metros de altura, segundo a súa ficha de catalogación.
Tras os traballos forestais, o túmulo quedou practicamente ao nivel do chan.
💰 Veremos se a administración impón algunha sanción polos danos a este ben protexido.
📍 Falaremos disto e doutros casos no acto informativo que celebramos HOXE, xoves 3 de abril, ás 20:00 h no Vello Cárcere de Lugo.
Organizan: ADEGA e Mariña Patrimonio.

02/04/2025

🎥 Imaxes que falan por si soas.
A Mámoa da Fiantosa (Palas de Rei), un ben patrimonial milenario, aparece gravemente danada por unha nova plantación de eucaliptos.
🌲 Árbores que medran sobre a destrución do noso pasado… para rematar en celulosa.
📍 Falaremos disto e doutros casos no acto informativo do xoves 3 de abril, ás 20:00 h, no Vello Cárcere de Lugo.
Organizan: ADEGA e Mariña Patrimonio.

01/04/2025

🎥 Imaxes que falan por si soas.
O castro de Miranda (Castroverde), ferido por sucos de plantación e cuberto de eucaliptos.
❓ Cumpre isto coa normativa de protección do patrimonio?

📍 Falaremos disto e doutros casos no acto informativo do xoves 3 de abril, ás 20:00 h, no Vello Cárcere de Lugo.
Organizan: ADEGA e Mariña Patrimonio.

O patrimonio está en perigo. Compartimos outra nova sobre a denuncia presentada por Mariña Patrimonio e ADEGA.
31/03/2025

O patrimonio está en perigo. Compartimos outra nova sobre a denuncia presentada por Mariña Patrimonio e ADEGA.

Mariña Patrimonio presenta os resultados do seguemento

Seguimos nos medios! Máis difusión para a denuncia sobre a destrución do patrimonio arqueolóxico en Lugo.
31/03/2025

Seguimos nos medios! Máis difusión para a denuncia sobre a destrución do patrimonio arqueolóxico en Lugo.

Mariña Patrimonio e ADEGA veñen de informar que na provincia de Lugo,”identificaron, ao longo do ano 2024 e comezos do 2025, 101 xacementos arqueolóxicos

A prensa recolle a denuncia de Mariña Patrimonio e ADEGA sobre os 101 xacementos afectados por labores forestais.
31/03/2025

A prensa recolle a denuncia de Mariña Patrimonio e ADEGA sobre os 101 xacementos afectados por labores forestais.

As denuncias de Mariña Patrimonio e ADEGA alertan de que o maior número de casos se deu na zona centro da provincia, a diferenza da Mariña, con "maior control cidadán e preocupación polo patrimonio". 80 xacementos foron afectados por plantacións de eucaliptos, 19 por piñeiros e 2 por outras c...

🗣️ Acto informativo en LugoADEGA e Mariña Patrimonio organizan un acto informativo sobre a afectación de 101 xacementos ...
30/03/2025

🗣️ Acto informativo en Lugo

ADEGA e Mariña Patrimonio organizan un acto informativo sobre a afectación de 101 xacementos arqueolóxicos na provincia de Lugo por labores forestais.

Durante o encontro explicarase o labor realizado polas asociacións para localizar e documentar as afectacións, así como a información recompilada ao longo do proceso.

Intervirán:
🔹 Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio
🔹 Xose Manuel Rodriguez, membro de ADEGA

📍 Vello Cárcere, Lugo
📅 Xoves, 3 de abril de 2025
🕗 20:00 h

A entrada é libre. Convidamos a todas as persoas interesadas a participar e informarse sobre esta grave situación que afecta ao noso patrimonio arqueolóxico.

📌 LembradeHoxe, domingo 30 de marzo ás 19:00 h, terá lugar nas Escolas Vellas de Barreiros a conferencia sobre os result...
30/03/2025

📌 Lembrade
Hoxe, domingo 30 de marzo ás 19:00 h, terá lugar nas Escolas Vellas de Barreiros a conferencia sobre os resultados da escavación en Santo Estevo do Ermo, a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido.
Falaremos dos traballos realizados e dos achados feitos durante a intervención.
Estades todos convidados!

29/03/2025

El próximo jueves 3 de abril se celebrará en el Vello Cárcere de Lugo un acto informativo sobre la destrucción del patrimonio arqueológico provincial, tras detectarse 101 yacimientos afectados

Dirección

Cervo
27891

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mariña Patrimonio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Mariña Patrimonio:

Compartir