DeExcursión

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

DeExcursión "DeExcursión" nace para promocionar el turismo escolar y familiar en Ferrolterra.

🙋Visita a axenda de ocio familiar da nosa web para estar ao fío nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal!!Mañá venres hai ...
22/10/2026

🙋Visita a axenda de ocio familiar da nosa web para estar ao fío nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal!!

Mañá venres hai unha función de títeres no Concello de Fene, ou ben podedes reservar praza nalgún dos xogos do "Muíño encantado" que organiza o CIMIX de Narón durante os vindeiros días. Temos tamén na axenda o concerto de Pakolas nas Pontes e unha sesión de cine, porque o ciclo Petís Dúplex propón a película "Tony, Shelly y la linterna mágica»

Preme aquí para consultar máis información! 👇
https://www.deexcursion.net/axenda/

DUPLEX Cinema Pakolas Biblioteca Rivera Rouco CIMIX Narón

  👉 ÁS 17.00h 🔴 No marco do programa «Lingua e escena» da Deputación da Coruña, a Biblioteca Municipal Juan Fernández La...
20/10/2026

👉 ÁS 17.00h 🔴 No marco do programa «Lingua e escena» da Deputación da Coruña, a Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, do Concello de Ortigueira, acolle a sesión «Palabras con conto»: unha función de monicreques con Carmen Domech.
Entrada de balde.
Turismo Ortigueira
⭐ Consulta a nosa axenda de ocio familiar: https://www.deexcursion.net/axenda/

🙋‍♀️ Estanse a celebrar as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña, impulsadas baixo o lema de "Patrimon...
20/10/2026

🙋‍♀️ Estanse a celebrar as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña, impulsadas baixo o lema de "Patrimonio en risco: revivir, resistir, reimaxinar", no marco das que se están organizando visitas guiadas gratuítas a elementos de interese patrimonial do xeodestino Ferrolterra. Para participar, cómpre apuntarse en https://dacoruna.gal/patrimonio/xepdac

📍 Desde aquí aproveitamos para recomendar algúns elementos patrimoniais que forman parte das recomendacións de DeExcursión e que, de seguro, son unha opción excelente para ir en familia!

💡 Realizar un percorrido en etapas polos nove faros dependentes da ⚓ Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cifrao é unha in...
18/10/2026

💡 Realizar un percorrido en etapas polos nove faros dependentes da ⚓ Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cifrao é unha interesante proposta para os centros educativos, que terán oportunidade de afondar no coñecemento destes vixías do mar.

👉 Na revista DeExcursión propoñemos esta ruta, e ofrecemos información de cada unha das paradas. Recomendámolo tamén para unha excursión en familia, podedes elixir un ou máis faros para coñecelos e g***r das vistas, sempre espectaculares.

Lede máis no noso último post 🔛 https://www.deexcursion.net/2026/10/15/os-nove-faros-que-vixian-a-seguridade-maritima-da-nosa-costa/

📍 Un ano máis o mosteiro de Monfero está entre as recomendacións da revista DeExcursión, unha publicación coa que tamén ...
15/10/2026

📍 Un ano máis o mosteiro de Monfero está entre as recomendacións da revista DeExcursión, unha publicación coa que tamén queremos apoiar o sostemento e a recuperación deste conxunto patrimonial tan importante. A Asociación de Amigos do Mosteiro organiza para este sábado, día 17, unha xornada cultural que incluirá unha visita guiada.

🙋 Unha boa ocasión para achegarse a coñecer mellor esta xoia do barroco rural galego.

Concello de Monfero

Xa pasastes pola nosa axenda de ocio familiar? Para os vindeiros días temos:🗣️ Hoxe ás 17.00h no Centro Cívico de San Xi...
14/10/2026

Xa pasastes pola nosa axenda de ocio familiar? Para os vindeiros días temos:
🗣️ Hoxe ás 17.00h no Centro Cívico de San Xiao, en Narón, sesión de contacontos
✂️ Mañá xoves, ás 18.00, un obradoiro de monicreques nas Pontes
🫓 O venres é o día do pan! e o CIMIX de Narón programa visitas temáticas especiais...
🤸‍♀️ "Voo", espectáculo de Teatro O Cubo nas Pontes
🎶 O sábado 17, festival solidario por Julieta en Esmelle!
🎞️ O domingo 18, nova sesión do ciclo Petís Dúplex en Ferrol

⭐ Consulta a nosa axenda de ocio familiar: https://www.deexcursion.net/axenda/

👨‍🏫 Actividade para colexios!👉 Durante a realización de obras no Centro Torrente Ballester, a Cátedra de Arqueoloxía e E...
14/10/2026

👨‍🏫 Actividade para colexios!👉 Durante a realización de obras no Centro Torrente Ballester, a Cátedra de Arqueoloxía e Educación Ambiental traslada as súas actividades ao campus de Ferrol. E vén de publicar este cartel cos obradoiros que ofrece aos grupos escolares, do máis interesantes!!

A inscrición está aberta!! Escribide a📬 [email protected]

A arqueoloxía que se aprende xogando!!
13/10/2026

A arqueoloxía que se aprende xogando!!

"Laboratorios Castrexos", unha iniciativa promovida pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial Universidade da Coruña Concello de Ferrol, financiada pola Fundación L. Monteagudo e dirixida a estudantado de Educación Primaria e ESO da comarca de Ferrolterra.
📌 "Construímos un poboado castrexo" + "As pegadas do barro" + "As orixes da moda"
📍 Campus Industrial Ferrol 💰 Inscrición gratuíta
☎️ 881 013 820 📧 [email protected]

🥾 Coñeces o Camiño Inglés ao seu paso por Fene? Propoñemos facer esta ruta, co grupo escolar ou en familia, e aproveitar...
13/10/2026

🥾 Coñeces o Camiño Inglés ao seu paso por Fene? Propoñemos facer esta ruta, co grupo escolar ou en familia, e aproveitar para descubrir un pouco máis da historia desta localidade tan vencellada ao sector naval e ao mar.
Concello de Fene

🚶 Seguimos de ruta! 🥾 Na revista DeExcursión, adicada a facer recomendacións para saídas de grupos escolares polas comar...
11/10/2026

🚶 Seguimos de ruta! 🥾 Na revista DeExcursión, adicada a facer recomendacións para saídas de grupos escolares polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, sempre está o Camiño Inglés.

No noso último post compartimos información da ruta polo concello de Neda, a Real Vila pola que os peregrinos poden descubrir o seu pan, a zona vella na que estivo o hospitalillo para os camiñantes, e o albergue actual, no que fan parada centos de persoas cada ano.
Concello de Neda

▶️ https://www.deexcursion.net/2026/10/07/peregrinacion-a-compostela-polas-ruas-de-pedra-de-neda/

Dirección

Rubalcava, 19. Entresuelo E
Ferrol
15402

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando DeExcursión publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a DeExcursión:

Atajos

Compartir