08/03/2025
🔥 O Entroido 2025 xa é historia, pero quedará sempre na nosa memoria.
A queima de Entroido pecha oficialmente unha festa que este ano vivímola con máis intensidade ca nunca. Por moitos motivos, este será un Entroido que non esqueceremos: os momentos de incerteza, o esforzo contrarreloxo, as mans que se uniron para superar obstáculos… Pero tamén a ilusión, o traballo en equipo e a emoción de desfilar xuntas.
E como colofón, unha alegría inmensa: o premio na nosa categoría, que vivimos con emoción, especialmente ao poder compartilo coas nosas nenas, as verdadeiras protagonistas deste soño feito realidade.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible que, un ano máis, o Entroido fose unha festa inesquecible. Agora toca gardar o vestiario, repasar as anécdotas e empezar a pensar na próxima edición… porque xa sabemos que o Entroido sempre volve! 🎭✨
E tamén volverá para o Entroido 2026.