Turismo A Illa de Arousa

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Turismo A Illa de Arousa Página Oficial de la Oficina de Turismo de A Illa de Arousa

31/10/2026

Para celebrar o Samaín, teremos unha proxección especial, na cal proxectaremos a curta "Mirindas asesinas" e, a continuación, a longametraxe " El día de la bestia" do director Álex de la Iglesia.

Gañadora de 6 Goyas no ano 1996 entre outros premios.

Será no Auditorio da Illa de Arousa, o Sábado 31 de Outubro, ás 23:00 horas (sesión golfa) con entrada de balde.

Sinopse:

Un sacerdote cre ter descifrada unha mensaxe secreta no Apocalipse segundo San Xoán: o Anticristo nacerá o 25 de decembro de 1995 en Madrid. Para evitar o nacemento do fillo de Satán, o sacerdote une forzas con José María, un mozo afeccionado ao death metal. Xuntos, intentan descubrir en que lugar de Madrid terá lugar este acontecemento apocalíptico. Coa axuda do profesor Cavan —presentador dun programa de televisión centrado no esotérico e o sobrenatural—, o sacerdote e José María invocan o diaño nunha estraña cerimonia.

Agradecemos a Pokkepsiefilms pola cesión da curta, á Federación de Cineclubes e ó Concello da Illa de Arousa.

Clasificación por idades: +18

Agardámosvos!!!

🎩🐗 *A MAXIA, O ROCK E O HUMOR CHEGAN Á ILLA DE AROUSA!* 🎸⚡Este sábado, 31 de outubro, temos unha cita moi especial no Au...
30/10/2026

🎩🐗 *A MAXIA, O ROCK E O HUMOR CHEGAN Á ILLA DE AROUSA!* 🎸⚡

Este sábado, 31 de outubro, temos unha cita moi especial no Auditorio Municipal da Illa de Arousa coa maxia do Mago Teto e o seu espectáculo «GALEROCK ’N’ MAGIC».

🪄 Unha proposta diferente que mestura maxia, música e moito humor, coa música en directo de Mister Cool e Fer Risco.

📅 *Sábado, 31 de outubro*
🕖 *19.00 horas*
📍 *Auditorio Municipal da Illa de Arousa*

🎶✨ Non perdas esta cita coa maxia, o rock e a ilusión! Agardámoste!

🐟 🏭 O pasado xoves 22 de novembro, a Ruta da Industria Conserveira foi a actividade cultural do Congreso da Federación E...
30/10/2026

🐟 🏭 O pasado xoves 22 de novembro, a Ruta da Industria Conserveira foi a actividade cultural do Congreso da Federación Española de Universidades Populares, celebrado no noso municipio

👥 Participantes chegados de toda España descubriron como a historia da Arousa está estreitamente ligada ás industrias pesqueiras e conserveiras, fundamentais na construción da nosa identidade.Toda unha viaxe pola memoria e o patrimonio marítimo! 🌊
_________________________________

🐟 🏭 El pasado jueves 22 de noviembre, la Ruta de la Industria Conservera fue la actividad cultural del Congreso de la Federación Española de Universidades Populares, celebrado en nuestro municipio

👥 Participantes llegados de toda España descubrieron como la historia de la isla, está estrechamente ligadas a las industrias pesqueras y conserveras, fundamentales en la construcción de nuestra identidad ¡Todo un viaje por la memoria y patrimonio marítimo! 🌊
_____________________________________

🐟 🏭 Last Thursday, 22 November, the Fish Canning Heritage Trail was the cultural activity of the Congress of the Spanish Federation of Popular Universities, held in our Municipality

👥 Participants from across Spain discovered how the island’s history is closely linked to its fishing and canning industries, which have played a fundamental role in shaping our identity. A journey through our maritime heritage and collective memory! 🌊

Federación Española de Universidades Populares
Concello de A Illa de Arousa

28/10/2026

Cineclube Entrecortiñas

🎬 Rematamos o ciclo da Filmoteca de Galicia coa proxección da longametraxe Ladrón de bicicletas, de Vittorio de Sica.

📅 Será o xoves 29, ás 20:30 h, no Auditorio da Illa de Arousa, con entrada de balde.

💯🥳 E temos algo moi especial que celebrar: esta será a nosa proxección número 100! Grazas por acompañarnos neste camiño de cine e cultura.

🎞️ Sinopse

🚲 Antonio Ricci é un obreiro desempregado na Italia da posguerra que por fin atopa un bo traballo pegando carteis pola cidade de Roma. Para poder desempeñalo necesita unha bicicleta, pero, por desgraza, róubanlla o primeiro día.

👨‍👦 Antonio e o seu fillo Bruno comezan unha busca desesperada para recuperala, pois ambos saben que, sen ela, Ricci non poderá conservar o posto de traballo.

🏆 Ladrón de bicicletas, obra mestra do neorrealismo italiano, é un duro testemuño da vida en Italia tras a Segunda Guerra Mundial. Unha película chea de actualidade, autenticidade e realismo, interpretada por actores non profesionais que dotan os seus personaxes de dignidade na súa loita pola supervivencia.

🤝 Agradecemos ao Concello da Illa de Arousa, á Filmoteca de Galicia e á Federación de Cineclubes de Galicia o seu apoio e colaboración.

❤️🎥 Agardámosvos! Vinde celebrar connosco estas 100 proxeccións e seguir gozando do cine na Illa de Arousa.

28/10/2026

🎃👻 O Samaín achégase á Arousa… e os espíritos xa están preparados! 🕸️🩸

Este venres 30 de outubro, ás 18:00 h, a praza do Concello convertirase nun escenario terrorífico co noso
Desfile de Samaín: Pallasos Nocturnos 🤡🎪

🍫 Haberá chocolate para quentar motores e g***r dunha tarde chea de sustos, diversión, música e moita maxia!

🧛‍♀️🧙‍♂️ Vinde disfrazados e preparádevos para vivir un Samaín de medo!

📍 Praza do Concello da Arousa
📅 Venres, 30 de outubro
🕕 Ás 18:00 h

Atréveste a entrar no circo do terror? 🎈🔪

🎃👻

🔥📚 *CONTOS ARREDOR DO LUME, CON ALBA DE VALES!* 🔥Este domingo temos unha cita coa maxia dos contos e coa tradición oral ...
21/10/2026

🔥📚 *CONTOS ARREDOR DO LUME, CON ALBA DE VALES!* 🔥

Este domingo temos unha cita coa maxia dos contos e coa tradición oral galega na Arousa! 💛

🪵 «Contos arredor do lume» achéganos historias da tradición popular, cantos e imaxes evocadas a través das palabras, da man da contadora Alba de Vales, tamén coñecida como Alba Grande.

Unha proposta para deixar voar a imaxinación, compartir historias en familia e manter viva a nosa cultura e as nosas tradicións. ✨

📅 *Domingo, 25 de outubro*
🕔 *Ás 17.00 h*
📍 *Multiusos da Illa de Arousa*
(Baile xubilados)
👧👨‍👩‍👧 *Público infantil e familiar*

Esta actividade forma parte do programa *«Ler conta moito»*, que promove o gusto pola lectura desde a infancia.

💫 Agardámosvos para g***r xuntos do pracer de escoitar contos e compartir a nosa cultura!

*Entrada de balde.*

21/10/2026

22 y 23 de octubre 2026 | Illa de Arousa

16/10/2026

📝A Federación Española de Universidades Populares (FEUP) elixe A Illa de Arousa para celebrar as súas Xornadas Técnicas Nacionais 🖋️

13/10/2026

Dirección

Rua Palmeira S/n
Isla De Arosa
36626

Horario de apertura

Martes 10:30 - 14:00
16:30 - 19:30
Miércoles 10:30 - 14:00
Jueves 10:30 - 14:00
Viernes 10:30 - 14:00
Sábado 10:30 - 14:00

Teléfono

+34687807109

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo A Illa de Arousa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Turismo A Illa de Arousa:

Compartir

Agencias De Viajes cercanos