09/10/2017
Turismo Industrial na Costa da Morte. Galp Costa da Morte
Xa podes votar por o proxecto na categoría 3 Diversificación:
https://galp.xunta.gal/votacion-i-premios-economia-azul
O promotor, Industrias Cerdeimar, S.L, é unha empresa familiar dedicada á industria conserveira dende fai máis de 130 anos, con moita tradición e importancia en Camariñas dado o seu compoñente social, con máis de 100 empregos directos, co valor engadido que ofrece aos produtos do mar de Camariñas e a promoción desta vila mariñeira a nivel nacional e internacional.
Este vai ser o primeiro espazo museístico da industria conserveira en Galicia e un dos primeiros en España.
Turismo Industrial na Costa da Morte. GALP Costa da Morte
O promotor, Industrias Cerdeimar, S.L, é unha empresa familiar dedicada á
industria conserveira dende fai máis de 130 anos, con moita tradición e
importancia en Camariñas dado o seu compoñente social, con máis de 100
empregos directos, co valor engadido que ofrece aos produtos do mar de
Camariñas e a promoción desta vila mariñeira a nivel nacional e internacional.
Este vai ser o primeiro espazo museístico da industria conserveira en Galicia e un
dos primeiros en España. O proxecto contempla un espazo expositivo
permanente dentro do complexo de Industrias Cerdeimar, poñendo en valor
unha planta, que quedou en desuso, da fábrica máis antiga da conserveira.
Como punto de partida, unha sala central como escenario principal. O visitante
fará un recorrido pola historia da conserveira, contemplará in situ máquinas
antigas restauradas e será testemuña directo de como o progreso foi
transformando a industria dende os seus inicios ata actualidade. Deseñouse no
lateral unha pasarela acristalada que servirá como expositor da actual actividade
da conserveira. Contarase co apoio de información gráfica combinada con
experiencias audiovisuais e estará orientado a mostrar os aspectos máis
importantes sobre a industria conserveira, a súa tradición, así como outros
contidos relacionados co mar, o traballo das mariscadoras, os produtos do mar e
a súa transformación.
Coa idea de ofrecer xornadas técnicas, gastronómicas, seminarios e eventos de
distinta índole, dispón de dúas salas contiguas dotadas con una pequena cociña
e equipadas para recibir a grupos. Outra parte importante do proxecto será a súa
tenda gourmet, que disporá tamén dunha plataforma para a venta online dos
produtos elaborados de alto valor engadido, principalmente da Ría de Camariñas.
Trátase dun proxecto de turismo industrial que mostra unha parte primordial da
vida económica e social da poboación de Camariñas. Complementa e
proporciona alternativas a outras fórmulas de turismo convencional, posibilita a
diversificación do sector pesqueiro e pon en valor o patrimonio material e
inmaterial asociado ao mundo do mar e xente mariñeira. Converterase nun
importante recurso turístico para unha comarca, que necesita dun proxecto con
capacidade de atraer turismo á zona. A aplicación do proxecto e os seus
resultados serán de primordialmente de ámbito comarcal, con impacto principal
na vila de Camariñas e na Costa da Morte. Dado o seu carácter pioneiro en
Galicia, tamén se pode indicar a súa área de aplicación xeográfica a nivel
comunidade autónoma.