Turismo de Laza

Turismo de Laza Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Turismo de Laza, A Picota, Laza.

Comeza a semana máis fermosa do ano… a semana do Entroido 🎭🔥Un tempo de tradición, de troula, de reencontros e de orgull...
09/02/2026

Comeza a semana máis fermosa do ano… a semana do Entroido 🎭🔥

Un tempo de tradición, de troula, de reencontros e de orgullo polo noso.
Por iso hoxe queremos amosar os carteis do Entroido de Laza, Castro e Matamá, tres formas de vivir o Entroido con identidade propia, pero coa mesma esencia: manter viva a nosa cultura.

Que comece a conta atrás…
Viva o Entroido! 🐮🎺🔥

Folíon de San Antón en Trez 🥁🔥Os veciños volveron poñer os chocos 🔔 e a veciñanza da contorna achegouse para g***r da n...
18/01/2026

Folíon de San Antón en Trez 🥁🔥

Os veciños volveron poñer os chocos 🔔 e a veciñanza da contorna achegouse para g***r da noite 🌙, percorrendo as rúas da aldea ao son do folión 🥁🎶.

Para rematar, unha xuntanza con todos os veciños 🤝 que acabou nunha cea compartida 🍽️🍷, cantando 🎤 e desfrutando dos bos momentos ❤️

🔥 San Amaro 2026 en Arcucelos! 🔥Este sábado 17 de xaneiro celebramos unha das festas máis queridas do noso pobo, con tra...
16/01/2026

🔥 San Amaro 2026 en Arcucelos! 🔥

Este sábado 17 de xaneiro celebramos unha das festas máis queridas do noso pobo, con tradición, música e bo ambiente. Non o podes perder!

🎺 Pola mañá
• Pasarrúas coa Charanga A FELGA
• Ás 11:00h, Procesión e Misa na Capela de San Amaro
• Á saída da misa, poderemos degustar callos no bar da Capela de San Amaro 😋

🔥 Pola tarde
A partir das 18:00h, gran asada tradicional da coira e do chourizo, amenizada pola Charanga A FELGA.
E para rematar… festa asegurada con Dj Rokero! 🎶

🌟 Ven g***r dunha xornada única en compañía.

Arcucelos agárdate!

🔥 Magostos do pasado: tradición e sabor! 🌰 Parte 1Este outono, as aldeas de Camba, Toro e Laza celebraron os seus magost...
03/12/2025

🔥 Magostos do pasado: tradición e sabor! 🌰 Parte 1

Este outono, as aldeas de Camba, Toro e Laza celebraron os seus magostos con moita ledicia e boa compañía.

Non faltou o chourizo á brasa 🌭, que fixo as delicias de todos, e como non, o prato estrela: as castañas 🌰, ben asadas e compartidas entre risas e música 🎶.

Unha festa que mantén viva a nosa tradición e que une á veciñanza arredor do lume 🔥 e do sabor auténtico da nosa terra 🌿.

🇨🇭✨ A Festa do Carneiro en Suíza! 🇨🇭✨Os lazanos non perden as boas costumes, estean onde estean 💪Esta fin de semana, a c...
04/11/2025

🇨🇭✨ A Festa do Carneiro en Suíza! 🇨🇭✨

Os lazanos non perden as boas costumes, estean onde estean 💪
Esta fin de semana, a comunidade de Laza en Suíza celebrou a súa tradicional Festa do Carneiro, unha xornada de reencontros, sabor, música e moita morriña boa 🐐❤️

Porque por moito que pasen os anos (e os quilómetros), o espírito de Laza segue ben vivo tamén no estranxeiro! 🌍

📸 Grazas a todas as persoas que manteñen as tradicións e o corazón do noso pobo tan lonxe da casa.

🍢 IMOS DE PINCHO! 🍢Este verán, os sábados de xullo e agosto, a partir das 20:00 horas, temos planazo! Vente de ruta polo...
01/07/2025

🍢 IMOS DE PINCHO! 🍢

Este verán, os sábados de xullo e agosto, a partir das 20:00 horas, temos planazo! Vente de ruta polos bares e goza dunha boa ronda de petiscos nos seguintes establecementos:

✨ Descanso do Peregrino
✨ Bar O Cuartel
✨ Taberna do Ardillas
✨ Bar A Picota

Cada pincho só custa 2,50€. Sabores para todos os gustos, bo ambiente e verán no prato! 🌞
Non o penses máis… imos de pincho! 😋🍴

🐜 ata pro ano!! Entroido de Laza 2025
09/03/2025

🐜 ata pro ano!!

Entroido de Laza 2025

🎭✨ O Triángulo do Entroido no Concello de Laza✨🎭No corazón da tradición, o Concello de Laza reúne tres xoias únicas do E...
01/02/2025

🎭✨ O Triángulo do Entroido no Concello de Laza✨🎭

No corazón da tradición, o Concello de Laza reúne tres xoias únicas do Entroido. Os Peliqueiros!!

Tres vértices, unha soa paixón. ¡Vén vivir a maxia do Entroido!

✨👑 Día de Reis en Laza 👑✨Hoxe os Reis Magos visitaron a igrexa de Laza. 🌟 Que a súa maxia nos guíe todo o ano.
06/01/2025

✨👑 Día de Reis en Laza 👑✨

Hoxe os Reis Magos visitaron a igrexa de Laza.

🌟 Que a súa maxia nos guíe todo o ano.

🎄✨ BO NADAL DENDE LAZA! ✨🎄Desde Turismo de Laza queremos desear a todas as nosas veciñas, veciños e seguidoras un Nadal ...
24/12/2024

🎄✨ BO NADAL DENDE LAZA! ✨🎄

Desde Turismo de Laza queremos desear a todas as nosas veciñas, veciños e seguidoras un Nadal cheo de alegría, saúde e bos momentos coa familia e amizades.

Que estas festas sexan unha oportunidade para celebrar as nosas tradicións, compartir sorrisos e construír novos recordos que quedarán no corazón. 💚

Grazas por acompañarnos e por ser parte da nosa comunidade. Que o 2025 veña cargado de felicidade, proxectos e moita festa! 🥂

🎅 BO NADAL E FELIZ ANO NOVO! 🎆

🎄✨ Festival de Nadal 2024 ✨🎄Hoxe, 20 de decembro, vivimos unha tarde inesquecible no Festival de Nadal do   ! 🎅🎶💫 Bo Nad...
20/12/2024

🎄✨ Festival de Nadal 2024 ✨🎄
Hoxe, 20 de decembro, vivimos unha tarde inesquecible no Festival de Nadal do ! 🎅🎶

💫 Bo Nadal a todos! 💫

🍪✨ Concurso de Cociña de Nadal 🎄🍴Amantes da cociña, chegou o momento de brillar! Participa no noso concurso especial de ...
19/12/2024

🍪✨ Concurso de Cociña de Nadal 🎄🍴

Amantes da cociña, chegou o momento de brillar! Participa no noso concurso especial de Nadal e sorprende cunha receita chea de maxia e sabor.

📅 Data: 29 de decembro
🕔 Hora: 17:00 horas
📍 Lugar: Baixo do Concello

Anímate e inscríbete chamando a:
📞 Katia: 665 843 023
📞 Nerea: 663 350 226

💡 Trae o mellor da túa creatividade culinaria! Non perdas esta oportunidade de compartir o espíritu de Nadal.

Dirección

A Picota
Laza
32620

Teléfono

+34617940728

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Turismo de Laza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Turismo de Laza:

Compartir