Lirios do Xurés

Lirios do Xurés Empresa de ecoturismo, que nace coa ilusión de dinamizar e impulsar a zona do Xurés dende unha base de preservación da nosa cultura e natureza.

Lirios Aventura organiza actividades a medida de los/as clientes: rutas de senderismo, montaña, deportes de aventura, rutas culturales, interpretación del patrimonio, ocio en familia, actividades infantiles y juveniles...
Contacta con nosotras para que programemos tu aventura a medida.

Tours Culturais!     Onte visitounos unha grupeta estupenda chegadas dende terras do Porto, lideradas polo Luis que cont...
26/07/2026

Tours Culturais!

Onte visitounos unha grupeta estupenda chegadas dende terras do Porto, lideradas polo Luis que contactou con nós para vir conhecer a historia do Couto Mixto e descubrir a etnografía e curiosidades desta zona da Reserva.

Foi un día ben completo, abofé que sí.

Adicamos a Manhá a descubrir as tres aldeas que integraron o Couto Mixto, cun paseo interpretativo por Meaus e a parada obrigatoria e sempre recomendada para visitalo Centro de Interpretación do Descubre Calvos de Randín en Santiago dos mixtos, con Ricardo como guía do lugar, que nos amosou tamén a arca das tres chaves e contounos algunhas curiosidades. Sempre é un pracer escoitalo e que nos acompañe nas visitas.

Despois fumos comer a Pitoes das Júnias onde tamén amosamos parte da historia que xira ao seu arredor: o castelo e a antiga aldea do Juriz, a capela, o desenrolo do pobo, actualidade, falamos dos foxos do lobo, da climatoloxía, do parque nacional e natural.... E como non, visitamos tamén as ruinas do antigo mosteiro de Sta María das Júnias; un lugar que non deixa indiferente a ninguén.

Rematamos a xornada regresando a Tourem e conhecendo o forno do pobo, onde puidemos falar sobre os seus usos e que nos contasen tamén sobre os fornos que había nas súas aldeas

Unha xornada moi enriquecedora, con xente que aporta datos á historia e coa que aprendimos moito. No noso traballo non solo é que falemos e contemos nós, tamén é importante escoitar e adquirir conhecementos compartidos con xente que está desexosa de escoitar e contar ao mesmo tempo.

Moitas grazas Luis e familia, agradecemos a vosa confianza. Para nós simboliza a aposta por guías locais e os pequenos emprendementos como xeito de visitar e coidar un territorio en desenrolo e sumar así para un turismo sostible e respectuoso co lugar.

En Lirios e Ecoturismo Xurés traballamos con grupos privados en turismo cultural e de natureza.

Se tes ganas de visitalo territorio non dubides en contactar con nós e diseñarémoste un plan a medida.

Xeodestino Terra Celanova Serra Xurés Turismo Provincia Ourense

Ruta 8 Miles do Xurés, ao Alto do Quinxo. Día de calor? pois que mellor que subir ata o alto pola fresca e rematar a rut...
07/07/2026

Ruta 8 Miles do Xurés, ao Alto do Quinxo. Día de calor? pois que mellor que subir ata o alto pola fresca e rematar a ruta na zona do río e poder disfrutar das pozas do Xurés?

Olelas, lugar de orixe da vaca cachena, da estrada que remata, lembranzas dunha vida comunitaria co lado portugués, ríos que se comunican formando pozas do paraíso... Un lugar máxico, desos que chegas unha vez e non queres marchar.

A ruta será semicircular, 15 km e desnivel positivo de 650 m. Dende o alto do Quinxo, a 1.166 m de altura obsérvase a serra do Soajo, a Peneda, a Serra do Xurés, Sta. Eufemia, Serra Amarela, Cruz do Touro...

Día de ruta e disfrute para apagalos calores destos días.

Para máis info e inscricións: 696.760.910 / [email protected]

Inscrición directa: https://forms.gle/LJjQVJiSJBGy8hjc7

Nova ruta do proxecto "8 Miles do Xurés" con subida á Pena de Anamán a 1.276 m de altitude. Un dos lugares emblemáticos ...
22/06/2026

Nova ruta do proxecto "8 Miles do Xurés" con subida á Pena de Anamán a 1.276 m de altitude. Un dos lugares emblemáticos do territorio, no sector sur da Serra do Leboreiro, fronteira natural de Portugal e Galiza.

Antiga deidade da prehistoria que simboliza á Nai Terra, a fetilidade, a Deusa da Natureza...

Anamán, Anumao, Numao. Podes ver a forma da muller deitada? Xeolóxicamente tamén marca a diferenza entre as terras pedregosas de Castro Laboreiro e Ameijoeira coa Serra do Leboreiro.

IMPORTANTE: Faremos rutiña menos dura e en horario de mañá, baixando ao río a comer e así podernos refrescar antes de regresar aos coches (que estarán ao ladiño)

Para máis info e inscricións: [email protected] / 696.760.910

Inscrición directa premendo neste enlace: https://forms.gle/4FawXVBs85s8XDjh6

Comezamos a tempada de verán e estamos buscando monitorado de tempo libre para campamentos de conciliación en Lobeira e ...
16/06/2026

Comezamos a tempada de verán e estamos buscando monitorado de tempo libre para campamentos de conciliación en Lobeira e Entrimo

Preferiblemente ter o título de ocio e tempo libre, ou algo relacionado con educación ou infancia e sería ideal ter algo de experiencia.

Mándanos o teu currículo a [email protected] ou contacta directamente no teléfono 696.760.910

Horario 4 horas de Manhá de luns a venres, salario por encima do convenio de tempo libre.

Traballarase con rapazada de entre 3 e 12 anos

Hoxe tivemos o "IV Descenso Internacional do Salas". E que ben o pasamos!!  Grazas ao grupo por vir, participar e disfru...
14/06/2026

Hoxe tivemos o "IV Descenso Internacional do Salas". E que ben o pasamos!!

Grazas ao grupo por vir, participar e disfrutar da xornada.

O descenso comezou na área recreativa e fluvial de Calvos de Randín, no río Salas. Dende aí, polo traxecto máis natural do río, fumos descendendo polos pequenos rápidos que se van formando. Este primeiro tramo faise diferente e divertido porque vas baixando do kayak para salvalos e esto dálle un toque de aventura sinxela.

Remanso fumos chegando ata a boca do encoro onde o remar vaise facendo máis uniforme

Ao longo do descenso puidemos observar mergullóns, algún pato, un miñato, varias cegoñas, garza real, Milano negro e paramos baixo a ponte de Tourem para observar os avións común e roquero no seu traxín diario.


O evento estamos a realizalo anualmente, pero esta é unha actividade que pode ser contratada tanto con guía como sen guía. Xunto con Aviva Sport Centre de Maus de Salas que fai a loxística das embarcacións ao punto de inicio.
Así que, se tes unha grupeta e ganas de vivila experiencia, non dubides en contactar con nós.

Tras unha finde chea de aventura e natureza, ímonos durmir con ganas de seguir sumando proxectos e dinámicas con alma e bom facer.





Ata mañá

Hoxe tivemos unha nova xornada do programa dos  , cun grupo co que sempre é unha gozada saír camiñar   O obxectivo do dí...
13/06/2026

Hoxe tivemos unha nova xornada do programa dos , cun grupo co que sempre é unha gozada saír camiñar
O obxectivo do día era o Cumio de Fontefría cunha altura de 1.458 m. Pero tamén subimos ao Coto de Gralleiras 1.437 m. xa que nos quedara pendente da primeira ruta na que tivéramos mal tempo.
Foi día de disfrutar da serra e da natureza. Vimos cabrinhas, orquídeas, gladiolos, varios grupos de cabalo garrano, voitres leonadoa un feixe sobre nós e algún lirio do Xurés, aínda que estos xa estaban secos. Este ano a floración foi tempraneira, pero un deles deixóuse ver e disfrutalo. E aínda que levamos un ritmo lixeiro para escapar da calor, puidemos sentir e disfrutar deste entorno único.

Para rematar, achegámonos en ruta ata unha das pozas do río Pereira e así afogar a calor que xa notamos nesa parte do día.

E xusto aí, apareceron as nubes formando a tormenta. Subimos con lixeireza e conseguimos que non nos caese nin gota

Para rematar o día, cervecinha na Taberna Terra Celta e parada obrigatoria na padaría.

E así foi que marchou o día e máis agradecidas que nunca polo grupo e polo seu disfrute de inicio a fin.

Grazas Lirios!!!

Este sábado día 13, subiremos ata o Pico de Fontefría, un dos máis característicos da serra e, de seguro, veremos os Lir...
08/06/2026

Este sábado día 13, subiremos ata o Pico de Fontefría, un dos máis característicos da serra e, de seguro, veremos os Lirios do Xurés polo monte en plena floración.

Todavía temos algunhas prazas libres, estás a tempo de anotarte antes deste venres. Podes contactar directamente no 696.760.910 / [email protected]

Ou tamén premer no seguinte enlace https://forms.gle/4HTujWPJ68TWTiWE9
e facela inscrición.

Será un día de aventura e natureza, en grupo pequeno e disfrutando dunha das paraxes máis míticas da nosa serra. Con baño incluído e visita á aldea de Pitoes das Junias.

Horario aprox: 8:00 inicio / 19:00 Fin da xornada (o tempo de baño e regreso aos coches, está incluído)

Prezo da actividade: 25 euros (guía, seguros e organización do evento)

06/06/2026
Un ano máis, temos argallado o IV Descenso Internacional do Salas, por terras fronteirizas do Gerês - Xurés, organizada ...
04/06/2026

Un ano máis, temos argallado o IV Descenso Internacional do Salas, por terras fronteirizas do Gerês - Xurés, organizada xunto con Aviva Outdoor Sports Center

Unha actividade que une aventura, deporte, natureza e patrimonio cultural da zona. Avistamento de aves e interpretación da historia do lugar, xunto con baños e saltos a carón do encoro.

A aventura comeza en terras de Randín, onde o primeiro tramo do río (todavía sen embalsar) ofrécenos unha pequena aventura tendo que baixar dos kayaks ata chegar á boca do encoro do Salas, por onde iremos remando río abaixo ata chegar a presa e de aí retomar para rematar na praia das Maus (Muíños)

Garza Real, Cegoñas, Milano negro, avións, miñatos... algunhas das aves que poderemos observar ao longo do noso descenso.

Pasando por zona fronteiriza e disfrutando da paisaxe única que ofrece o val do Salas e as súas augas, con aldeas cheas de historia e tradicións ao seu carón. Descubre a historia do encoro e do megalitismo ao tempo que disfrutamos do fresco da auga e da calor destos días.

Para anotarse podes contactar con nós no 696.760.910 / [email protected]

Ou tamén inscribirte directamente premendo o seguinte enlace: https://forms.gle/iu5txZmixPUNH9fm8

Concello de Calvos de Randín Concello de Muíños Terra de Celanova-Serra do Xurés Turismo Provincia Ourense Aviva Outdoor Sports Center

Dirección

Lobios
32892

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 20:00
Domingo 09:00 - 20:00

Teléfono

(0034)696760910

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lirios do Xurés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Lirios do Xurés:

Atajos

Compartir

Categoría