03/06/2026
🌊🇪🇪 Innovación e cooperación nas comunidades pesqueiras: aprendizaxes dende a illa de Kihnu (Estonia)
No marco do seminario internacional CLLD Seminar: Innovation and Cooperation, organizado en Estonia, tivemos a oportunidade de visitar a illa de Kihnu, un exemplo de como os fondos de desenvolvemento local participativo contribúen a fortalecer as comunidades costeiras e pesqueiras.
Ao longo da xornada coñecemos proxectos que combinan tradición, innovación e valorización dos recursos locais:
⚓ Portos máis modernos e funcionais, como os de Sauru e Sigatsuaru, onde se realizaron importantes melloras en infraestruturas para facilitar a actividade pesqueira e mellorar os servizos aos profesionais do mar.
🐟 Aposta polo valor engadido dos produtos pesqueiros locais, a través da modernización de instalacións de transformación e comercialización, incorporando novas tecnoloxías de conservación, melloras en materia de hixiene e estratexias de promoción para reforzar a identidade dos produtos da pesca artesanal.
🏛️ Conservación do patrimonio mariñeiro e cultural, visitando o Museo de Kihnu e o histórico faro da illa, exemplos de como a cultura e a identidade local poden converterse tamén nun motor de desenvolvemento e atractivo turístico.
🤝 Esta visita permitiunos intercambiar experiencias con outros territorios europeos e coñecer iniciativas que demostran o potencial da cooperación para afrontar retos comúns das zonas pesqueiras: diversificación económica, relevo xeracional, innovación e sustentabilidade.
Seguimos aprendendo e compartindo boas prácticas para impulsar o desenvolvemento sostible do noso territorio.