Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Ruta do Viño da Ribeira Sacra Ribeira Sacra a través del vino y su cultura, disfruta del enoturismo. Info/reservas: [email protected] 698167991

30/05/2026

O arranque da Primavera de Portas Abertas deixounos o mellor sabor de boca posible.

O ESPERTAR DAS CEPAS aconteceu entre as viñas de Abadía da Cova, guiadas pola sensibilidade e delicadeza se Vanesa.

Afortunadas somos de mergullarnos a través dos sentidos, en cada un dos mundos posibles que se agochan nas nosas ribeiras.


Comeza hoxe a fin de semana de primavera de portas abertas na Ribeira Sacra cun paseo entre as vides de Abadía da Cova. ...
29/05/2026

Comeza hoxe a fin de semana de primavera de portas abertas na Ribeira Sacra cun paseo entre as vides de Abadía da Cova.
A partir das 19h. seremos moi felices.

01/05/2026

Experiencias únicas.
Arte, patrimonio, natureza, paisaxe, viño.
Un territorio vivo, habitado por un exército de resistentes, abrindo as portas de par en par.

Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Voan as prazas! A Primavera de Portas Abertas na Ribeira Sacra colga o cartel de completo en todas as rutas do viñobus; ...
26/04/2026

Voan as prazas!

A Primavera de Portas Abertas na Ribeira Sacra colga o cartel de completo en todas as rutas do viñobus; mais aínda chegas a tempo para inscribirte nalgunha das EXPERIENCIAS ÚNICAS ofertadas o venres 29, sábado 30 e domingo 31 de Maio.

Rituais entre vides, camiñadas de descoberta do patrimonio, visitas teatralizadas, concerto en emprazamento máxixo, cerámica, ruta do románico... a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, presentada con honores, dende moi diferentes e creativas miradas!

Quedan algunhas prazas (poucas) dispoñibles e unha pode ser para ti.

Inscricións en https://promocion.rutadelvinoribeirasacra.org/


Acollemos con moita alegría, a inxente cantidade de solicitudes de participación, nas experiencias que vos ofrecemos, ne...
22/04/2026

Acollemos con moita alegría, a inxente cantidade de solicitudes de participación, nas experiencias que vos ofrecemos, nesta nova edición das Xornadas de Portas Abertas.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola vosa resposta e interese; e tamén comunicarvos que daremos resposta a todas elas coa atención que merecen, mais, levará un cachiño de tempo.

Atentas aos vosos correos nos vindeiros días!

PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS. Unha nova edición do programa de actividades de enoturismo desenvolvido de maneira conxunta...
16/04/2026

PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS. Unha nova edición do programa de actividades de enoturismo desenvolvido de maneira conxunta e simultánea nos cinco grandes territorios vitivinívolas galegos.

Na Ribeira Sacra, celébrase os días venres 29, sábado 30 e domingo 31 de MAIO.

TRES FORMAS DE PARTICIPAR:

BUSES DO VIÑO, con servizo de guía especializada, visita a adegas, museos e miradoiros; dende A Coruña, Vigo, Santiago, Lugo e Ourense.

EXPERIENCIAS ÚNICAS, creadas e xestionadas pola Ruta do Viño: rituais, itinerarios naturais e de descuberta do patrimonio, paseos en barca, visitas teatralizadas, concertos en lugares máxicos, cerámica e románico.

ACCIÓNS EXTERNAS, visitas e servizos, ofertadas a prezos especiais dentro do programa, por entidades que traballan na zona.

INSCRICIÓNS dende o 15 de Abril, en https://promocion.rutadelvinoribeorasacra.org

Bulide que as prazas, voan!

Hai lugares que na primavera non só florecen, senon que se abren de par en par.Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, o terri...
14/04/2026

Hai lugares que na primavera non só florecen, senon que se abren de par en par.

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, o territorio transfórmase en experiencia.

A identidade e o carácter nárranse entre muras, socalcos e barricas.

Os percorridos por camiños de paisaxes idílicas e estradas serpenteantes, agasallan aos sentidos con estímulos descoñecidos.

As historias de vida, que decorren darredor dunha botella de viño, evocan mundos aínda inexplorados.

Algo está a piques de comezar…

Un territorio vivo, de portas abertas, agarda por ti.

O territorio muda e, con el, cambia tamén o xeito de vivilo.A viña chora, esperta, agroma con brío e enche de vida, cada...
27/03/2026

O territorio muda e, con el, cambia tamén o xeito de vivilo.

A viña chora, esperta, agroma con brío e enche de vida, cada recuncho da Ribeira Sacra.

Irrumpe con forza a primavera entre bancais e muras, e é tempo de descubrir novas maneiras de navegar cada camiño.

A Ruta do Viño continúa a ser refuxio; agora é tamén movemento, enerxía e cor.

Convidámoste a vir sentir con nós, o pulso da nova estación.




Na sesión da tarde, unha proposta de interior. O percorrido pola historia de vida de Marisol e Jorge, feita adega. Trans...
02/02/2026

Na sesión da tarde, unha proposta de interior. O percorrido pola historia de vida de Marisol e Jorge, feita adega.

Transitamos as entrañas de Adega Vella, dende a tradición e as barricas, ao aceiro e a modernidade; deixándonos sorprender polas melodías que nos agardaban agochadas nos recunchos máis insospeitados.

O escaparate de sabores da Ribeira, acompañou a cata heróica de seis viños premium e novamente, a música como feche de ouro, co concerto de jazz de Pablo Sanmamed Trío.




O arranque da campaña de inverno: explosión de estímulos, sorpresas e gozosas novas miradas sobre o inverno na Ribeira S...
02/02/2026

O arranque da campaña de inverno: explosión de estímulos, sorpresas e gozosas novas miradas sobre o inverno na Ribeira Sacra.

1. Volantes e maragatos do atravesando as viñas de Vía Romana, augurando unha moi boa colleita 2026.

2. Da viña á copa. Percorrido polas etapas do viño, a través das voces sabias de Juan e Cris.

3. Podar e atar con vimbios. Temos nova cuadrilla de expertos!

4. O Canto de Arrieiro da Lamosa, na voz de Sabela Rey.

5. Escaparate dos mellores produtos artesáns da zona e cata de cinco viños da adega.

6. A excelencia musical como feche de ouro, grazas a

Se non estiveches...




Dirección

Rúa Comercio 6-8
Monforte Del Lemos
27400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ruta do Viño da Ribeira Sacra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Ruta do Viño da Ribeira Sacra:

Compartir