CIMIX Narón

CIMIX Narón Centro de interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (Narón).

Explora a Real Fábrica de Fariñas máis importante do século XVIII, unha viaxe ao pasado industrial de Narón. Coñece a historia do emprendedor francés Jean Lestache, figura clave no desenvolvemento industrial da comarca no boiante Ferrol da Ilustración. Adéntrate nun espazo único no que aprenderás o funcionamento deste fascinante complexo industrial, impulsado pola avanzada enxeñaría hidráulica da época.

Hoxe homenaxeamos a lingua que da nome ao noso patrimonio, aos oficios e a memoria da nosa Terra ⚙️🌾Moitas das palabras ...
17/05/2026

Hoxe homenaxeamos a lingua que da nome ao noso patrimonio, aos oficios e a memoria da nosa Terra ⚙️🌾

Moitas das palabras vinculadas ao mundo dos muíños e da produción de fariña forman parte dunha herdanza cultural que chegou ata nós xeración tras xeración🗣️

Porque cada palabra conta unha historia… e conservar a nosa lingua tamén é conservar o noso patrimonio 🔤🪢🏛️

🍎👩‍🏫 Así vivimos no CIMIX a nosa primeira xornada de portas abertas para docentes!Grazas ás profesoras que nos acompañas...
16/05/2026

🍎👩‍🏫 Así vivimos no CIMIX a nosa primeira xornada de portas abertas para docentes!

Grazas ás profesoras que nos acompañastes nesta experiencia, descubrindo connosco os Muíños de Xuvia, a nosa oferta educativa e mesmo participando nun dos obradoiros escolares 🌾📚

Foi unha tarde chea de aprendizaxe, intercambio e bo ambiente… tanto, que algunhas xa reservaron para volver 💛

E para quen non puido asistir nesta ocasión: tranquilidade 👀 Repetiremos moi pronto, así que estade atentxs ás nosas redes!

14/05/2026

Sabíades que en Xuvia tamén se fabricaba papel? 📜✨

No obradoiro “Fábrica de papel”, estades a descubrir unha parte fascinante da nosa historia industrial creando as vosas propias follas de papel reciclado e un caderno personalizado feito a man 💧🌾

Esta actividade inspírase na fábrica de papel impulsada en 1787 por Juan Lestache e Santiago González, onde se producían ata 50 resmas de papel fino e de estraza, formando parte do gran complexo industrial de Xuvia.

📅 Seguimos co obradoiro todos os sábados deste mes e tamén o 18 de maio polo Día Internacional dos Museos.

Aínda estades a tempo de participar!
📍Reservas en: cimixnaron.gal

🌍🏛️ O vindeiro 18 de maio abrimos ao público para festexar o Día Internacional dos Museos cunha programación especial pa...
08/05/2026

🌍🏛️ O vindeiro 18 de maio abrimos ao público para festexar o Día Internacional dos Museos cunha programación especial para todos os públicos!

⚓ O Arsenal do Rei:
Descubriremos a relación entre os Muíños de Xuvia, a produción industrial e a construción do Arsenal de Ferrol a través dunha visita especial ao centro arredor da nosa historia marítima e industrial.

📜 Fábrica de papel:
Poñerémonos na pel dos antigos artesáns para coñecer como se elaboraba o papel de maneira tradicional e crear o noso caderno personalizado.

🔎 Fariña en marcha:
Un reto cheo de enigmas para descubrir os segredos do muíño mentres traballades en equipo!

🎟️ Ademais, durante toda a xornada haberá entrada libre de balde ao museo.

💜🧡 Un día para celebrar os museos como espazos que conectan persoas, historias e comunidades.

🔗 Reservas en: cimixnaron.gal

🏛️ Onte no CIMIX acollemos unha nova xuntanza das persoas representantes dos centros museísticos que integran a Rede de ...
28/04/2026

🏛️ Onte no CIMIX acollemos unha nova xuntanza das persoas representantes dos centros museísticos que integran a Rede de Centros Museísticos de Ferrolterra, da que agora o CIMIX tamén forma parte📍🧑‍🧑‍🧒‍🧒

As persoas asistentes gozaron dunha visita guiada polas instalacións do centro, na que descubriron a historia da familia Lestache e o legado dos Muíños de Xuvia ⚙️🌾

A continuación, conversamos con calma para seguir avanzando en novas liñas de colaboración e futuros proxectos conxuntos 🤝💼

Grazas a todas as persoas participantes pola súa asistencia, implicación e por seguir construíndo rede ✨

ATENCIÓN, PROFES! 🍎✨Buscades actividades que motiven ao voso alumnado e fuxan da rutina da aula? Queremos que o CIMIX se...
22/04/2026

ATENCIÓN, PROFES! 🍎✨

Buscades actividades que motiven ao voso alumnado e fuxan da rutina da aula? Queremos que o CIMIX sexa o voso mellor aliado 🤝

Convidámosvos a unha xornada de portas abertas pensada exclusivamente para docentes 🧑‍🏫 para que coñezades de primeira man a nosa oferta educativa e as posibilidades pedagóxicas das nosas instalacións antes de planificar a vosa vindeira saída escolar.

🚀 Ven descubrir como podemos sumar no teu proxecto educativo!

⚠️ Reserva de praza:
As prazas son limitadas ata completar aforo. Para asistir, só tes que enviarnos un correo a:

📩 [email protected] (Indicando o teu nome, centro educativo e teléfono de contacto).

Agardámosvos!

Ás veces só fai falta mirar dúas veces para descubrir todo o que pode chegar a ser un lugar 👀O Muíño de Xuvia é un exemp...
18/04/2026

Ás veces só fai falta mirar dúas veces para descubrir todo o que pode chegar a ser un lugar 👀

O Muíño de Xuvia é un exemplo de como unha rehabilitación integral pode devolverlle a vida a un conxunto industrial, converténdoo nun espazo accesible, cheo de historia e significado 🏛️

➡️ Desliza para ver o antes e o despois e descubrir como o patrimonio pode transformarse sen perder a súa esencia 🔄

No lembramos que conservar é moito máis que manter: é coidar, interpretar e compartir 🤝, e no CIMIX traballamos cada día para que este legado siga vivo e poida seguir contándose 💙

Dirección

Aldea San Roque, 8
Narón
15770

Horario de Apertura

Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Domingo 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIMIX Narón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CIMIX Narón:

Compartir