29/10/2026
Comezamos a avaliación intermedia da nosa EDLP🐟
Onte, 28 de outubro, puxemos en marcha o proceso de Avaliación Intermedia da Estratexia de Desenvolvemos Local Participativo (EDLP) do GALP Costa Sostible. Unha oportunidade para facer balance do camiño percorrido, identificar aspectos a mellorar e, sobre todo, redefinir e priorizar as necesidades e os proxectos que impulsarán o noso territorio costeiro nos vindeiros anos.
A xornada celebrouse na Antiga Fábrica de Sel, en Muros, onde leváronse a cabo tres mesas sectoriais para compartir reflexións, experiencias e propostas de futuro.
🐠 Mesa do sector pesqueiro: contamos coa participación de representantes de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra, Ría de Muros Noia e das confrarías de Pindo, Muros, Lira, Porto do Son e Fisterra.
🏛️ Mesa do sector público: participaron alcaldes, concelleiros e persoal técnico dos concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Muros, Fisterra e Porto do Son.
💡 Mesa de promotores: escoitamos tamén as opinións e propostas dos promotores cuxos proxectos están apoiados polas axudas do noso GALP Costa Sostible.
As mesas estiveron moderadas por Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, nelas falouse sobre o que funciona ben, o que se pode mellorar e que proxectos prioritarios necesita o noso territorio.
🗓️ A xornada continua mañá, 30 de outubro, ás 17:30h, na Antiga Fábrica de Sel, en Muros, cunha nova xornada de avaliación intermedia.