Milhistorias

Milhistorias En Milhistorias somos guías turísticas oficiais, fotógrafas profesionais...
Cursos e obradoiros de fotografía (dixital e química). Que podemos facer por ti?

Rutas orixinais por cidades e vilas.

OURENSE DE RÍO EN RÍO21 setembro 2026Especial "Chao verao" ☀️☀️🌞Xusto antes do outono 🌰🌰🍄‍🟫🍄‍🟫🍇Visita guiada/tour de med...
24/08/2026

OURENSE DE RÍO EN RÍO
21 setembro 2026
Especial "Chao verao" ☀️☀️🌞

Xusto antes do outono 🌰🌰🍄‍🟫🍄‍🟫🍇

Visita guiada/tour de medio día, aprox 3 h 30 min.
Polo río Barbaña até pasalo río Miño
A pé pola beira do Barbaña, dende o berce romano da cidade, nas Burgas, e logo pola beira do Miño... tras coñecer o que é ó mellor miradoiro urbán (a orixinal ponte do Milenio) imos descubrir as caldas, a gastronomía...
Vas gozala curiosa historia e cultura das dúas beiras, en ámbolos ríos
Un circuito diferente por esoutro Ourense que tamén queres coñecer...

Na web milhistorias.eu/visitas guiadas, escolle a data 21 de setembro e reserva para despedirlo verao dun xeito orixinal







Turismo Provincia Ourense
Ourensenarede Puntocom
Mariano Nacho Trampitán Ourense

A Pena Pastora de Mouruás... a lenda de que nela hai pegadas do cabalo de Santiago tralo chimpo dende a Pena Folenche de...
22/08/2026

A Pena Pastora de Mouruás... a lenda de que nela hai pegadas do cabalo de Santiago tralo chimpo dende a Pena Folenche de Pobra de Trives...

E aí comezou e vai seguir neste 2026 o estudio arqueolóxico en San Xoán de Río

Din os expertos que hai moito moito que descubrir nesta aldea de Mouruás, na que xa hai rexistro dunha coroa e muralla exterior entre bolos... así que temos aldea prehistórica no patio de atrás dunha vivienda veciñal

Xa coñecíamos a "espada de Mouruás" e agora veremos cantas cousas máis descubriremos neste lugar... entre a Vía Nova romana e Os Biocos cos seus túneles nas abas do monte Cerengo

Eduardo González Clavijo e quentaron os miolos dos que es tivemos por alí con datos e resultados dos estudos xa feitos...

A historia deste lugar foi escrita con ferro e ouro... seica



Velaí ven... outra onda de calor...Hai refuxios climáticos construídos hai centos de anos pola natureza e polas persoas....
03/07/2026

Velaí ven... outra onda de calor...

Hai refuxios climáticos construídos hai centos de anos pola natureza e polas persoas... soutos, mosteiros, igrexas, pazos... con climatización antiga, natural

Pedras, follas, castiñeiros, son o noso patrimonio natural e construído e dannos acubillo... agora fronte a calor

Merlos, cormoráns, cigoñas, avións, cirrios, corzas, xílgaros... poñen banda sonora e cores...

Ríos coma Sil e Miño, Limia, Támega... e tódolos seus regatos e afluintes poñen frescor e descanso

O paraíso está no rural... tamén para a calor intensa...
Quen dixo Ⓜ️ED⭕‼️



💚 ribeirasacra
💚 rural
🧡 patrimoniodepedra
❤️ mosteirosantoEstevoRibasdeSil

HISTORIÓN!!!
03/07/2026

HISTORIÓN!!!

San Antonio, o do día 13 de xuño, en Vilapouca de AguiarSardinhas com broa e febra ao paoValeunos como entrenamiento e c...
17/06/2026

San Antonio, o do día 13 de xuño, en Vilapouca de Aguiar
Sardinhas com broa e febra ao pao
Valeunos como entrenamiento e cata para o San Xoán, apenas quedan uns días...
Nótase que é Portugal, a unha hora da casa... e cas súas cosas.. que se azulejos fermosos ( este co seu castelo), acceso sinxelo e pavimentado cara elementos históricos como esa fortaleza, cal¢ada portuguesa ( léase c con cedilla), vacas cachenas (míralle a cornamenta)... continuación da esta provincia de interior que é Ourense... unha hora antes que nós⏳

tantas veces... menos mal que nos queda Portugal ‼️🎵🎶





Viaxar con colegas que aman o que fan...e con persoas que gozan cada lugar que descubren connosco, é un privilexioCamiña...
19/04/2026

Viaxar con colegas que aman o que fan...e con persoas que gozan cada lugar que descubren connosco, é un privilexio

Camiñar, falar, xantar...no norte de Portugal é... sempre unha sorpresa, chea de historias, de espazos fermosos, pratos en forma de sarténs, de novos sabores que non deixan oco libre na mesa...nin no bandullo

E case todo arredor do río Támega, das augas termais, das antiquísimas minas de ouro e dos apeadeiros que trocaron en camiño

Rocío de ; Fernando de ; Miguel de fan posible esta miragre necesaria da comunicación entre os dous lados da raia...por moitas veces!!




O lume non é unha moda...foi ferramenta de civilización e hoxe protagoniza tradicións que tentamos preservar: o lume da ...
12/04/2026

O lume non é unha moda...foi ferramenta de civilización e hoxe protagoniza tradicións que tentamos preservar: o lume da luz ós cacharreiros e entroideiros pola noite, unhas cantas veces ó ano...
Onde hoxe temos leds e farolas, recuperamos o antiquísimo lume para velas rúas e as caras de compañeiras e compañeiros de troula

Luz e calor dos fachos más rúas de Nodaiga, para celebrar vellos traballos que levaban calor ás nosas casas
Os cacharros da sopa quente, dos pés quentes, do mel e o viño, da auga...ese é o lume que mantivo a vida



E así foi sip...con varias sorpresas protagonizadas por vecinos de Petín que se ofreceron para falar de cousas da vila.....
23/03/2026

E así foi sip...con varias sorpresas protagonizadas por vecinos de Petín que se ofreceron para falar de cousas da vila... e mesmo invitaron a probar viño da casa... Grazas Javier e Toño!!!

Grazas a tódalas e tódolos participantes, por gozaren connosco desta oportunidade... no segundo día dunha primavera tan desexada...🌞🌞🔅🌾🥀🍀🍀
Non tardedes en voltar!!






Plan para celebrar a primavera que chega...si, por fin...con esta oportunidade para coñecer Petín, a paisaxe florida e o...
15/03/2026

Plan para celebrar a primavera que chega...si, por fin...con esta oportunidade para coñecer Petín, a paisaxe florida e o seu patrimonio de tódalas épocas...tras sobrevivir a invasións e pestes...co victorioso lema "Petín pitou...porque non pasou"

Serán 2 horas tamén na Ponte da Cigarrosa e na Rúa Vella...a voltas co foro romano e outras historias

Sábado 21 de marzo
16,30 Praza do doutor Quiroga

Info en plataforma www.rutasquerexeneran.gal
Reserva en https//www.conocegalicia.es

17/02/2026

Historia e patrimonio...para sentir orgullo ...e tanto!!
Eso sinten mázcaras e fulións das aldeas de Manzaneda que despois de danzar para os seus avós e avoas, e polas rúas da vila, foron quen de sacar folgos para tocar e danzar baixo a Porta da Vila, vestixio rehabilitado dunha parte da muralla e entrada cara o núcleo medieval . Alí pode verse tamén o pé dunha Torre da Homenaxe do vello castelo....
E cada ano, Historia e Entroido danzan, dan sentido ó noso pasado e forzas para conservalo transmitilo...
Placer puro nos rostros dos que tocaban e danzan...

imonio



Dirección

32005 Ourense,Ourense
Orense
32005

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Milhistorias publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Milhistorias:

Atajos

Compartir

Categoría