08/04/2021
• Cando paseamos por Ortigueira é imposible non fixarse no gaiteiro xigante, unha escultura que nos lembra á cultura celta, que nos lembra o maior evento do ano en Ortigueira, o festival! 🎶
O festival de Ortigueira, unha cita obrigada para os amantes do folk e da música celta; un dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España. 🎟
Un festival que mantén o seu carácter folclórico e o seu espírito de liberdade dende o 1978, ano no que naceu o que era daquela o festival artesanal, da man da Escola de Gaitas de Ortigueira.
Un festival que foi medrando e incluímdo medidas e servizos para facer máis agradable a experiencia aos seus asistentes, medidas coma autobuses de balde, aparcadoiros vixiados, duchas, aseos e puntos de información. ℹ️
O Festival de Ortigueira é música, música celta que une a todos os pobos celtas nun mesmo lugarl e que reúne tamén ós amantes da música folk. Para iso o Festival conta con dous escenarios: O escenario Estrella Galicia, no que as grandes estrelas do folk interpretan a súa música para o deleite dos espectadores, e o escenario Runas, no que descubrimos novos grupos e cantantes que quen sabe! Poden chegar a ser grandes estrelas! 🎤🥁
Pero os escenarios non son os únicos atractivos do festival, cómo non, temos que ter o desfile de gaiteiros dos pobos celtas, ademáis de espectáculos teatrais e de marionetas, exposicións, e a feria de artesanía, situada no paseo marítimo.
E claro, non pode ser todo festa durante catro días, algo hai que durmir… e onde? Pois no piñeiral de Mourouzos! Hai un sitio mellor para colocar a túa tenda que debaixo da sombra dos piñeiros e con vistas á praia? 🏕
O Festival de Ortigueira, un festival con forza que foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional en 2003, e que só dous anos despois recibiu o título de Festa de Interese Turístico Internacional! Dous títulos máis que merecidos, porque quen non sentiu a maxia do festival cunha Estrella Galicia na man, e pechando os ollos para desfrutar máis da música? Quen non foi pasear nunha tarde asollada á feira de artesanía? ☀️
Ti non a sentiche? Pois non te perdas a próxima edición! 🤞🏽🎶
📸 algunas fotografías pertenecen a