
09/05/2025
📚✨ Cultureume participa no proxecto Vecinos Eólicos da Asociación Empresarial Eólica
No día de onte tivo lugar no Congreso dos Deputados de Madrid a presentación do libro Vecinos Eólicos, unha obra da xornalista ambiental Maribela Gutiérrez-Monzonís e da fotógrafa Covadonga Gala.
Este libro percorre 10 municipios da xeografía española para recoller as testemuñas das persoas que día a día conviven cos parques eólicos. Un deles é o concello de Mañón, atravesado polo histórico Camiño dos Arrieiros, cuxa sinalización foi realizada o pasado ano 2024 pola nosa empresa CULTUREUME, por encargo do propio concello.
👉 Nesta obra, as voces da veciñanza amosan a realidade dun territorio en diálogo co vento, co progreso e coa memoria. Un proxecto impulsado pola Asociación Empresarial Eólica AEEolica, que pon rostro ás persoas detrás da enerxía.
🎥 Convidámosvos a ver o vídeo no que Lois Gómez de Cultureume nos fala do Camiño dos Arrieiros, un percorrido cultural milenario que atravesa estas terras 👉 https://www.youtube.com/watch?v=XaI3Es3UjyE
👏 Dende CULTUREUME queremos felicitar ás autoras do libro, Maribela e Covadonga, por este fermoso traballo.