Aceite Lar de Torrenovaes

Aceite Lar de Torrenovaes Aceite de Oliva virgen extra de Os Novaes, Quiroga (Lugo)

Rematou a feira… e só queda dar as grazas 🫂Grazas a todas as persoas que vos achegastes a coñecer e probar o noso aceite...
15/03/2026

Rematou a feira… e só queda dar as grazas 🫂
Grazas a todas as persoas que vos achegastes a coñecer e probar o noso aceite 🫒

Seguimos traballando dende Os Novaes! 🏰

🫒🫒🫒
15/03/2026

🫒🫒🫒

Chega a fin de semana máis esperada polos amantes do aceite.Quiroga celebra a XXVI Mostra do Aceite, dous días dedicados...
14/03/2026

Chega a fin de semana máis esperada polos amantes do aceite.

Quiroga celebra a XXVI Mostra do Aceite, dous días dedicados a poñer en valor o noso aceite de oliva, a tradición olivícola da comarca e o traballo dos colleiteiros.

Charlas, degustacións, gastronomía e actividades arredor dun produto que forma parte da identidade desta terra.

📅 14 e 15 de marzo
📍 Praza do Auditorio – Quiroga

🫒 Dous días para descubrir, aprender e saborear o aceite de .

A gastronomía tamén será protagonista na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga.O sábado pola noite celebrarase a cea cóctel “...
13/03/2026

A gastronomía tamén será protagonista na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga.

O sábado pola noite celebrarase a cea cóctel “Os sabores que medran aquí”, unha proposta culinaria na que o aceite de Quiroga será o fío condutor.

Os pratos estarán elaborados polos chefs Eloy Cancela e K**e Piñeiro (A Horta do Obradoiro) e Iván Méndez (Tabalu Food&Tech), nunha experiencia gastronómica que contará ademais coa música do violinista Marcos Valcárcel.

🫒 Un encontro para saborear o noso produto dunha maneira diferente.

📅 Sábado 14 de marzo
🕗 20:00 h
📍 Recinto da Mostra – Praza do Auditorio

🎟 Entradas á venda na Oficina de Turismo e desde dúas horas antes no recinto.
Prazas limitadas.

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga comeza a quentar motores.Este sábado pola tarde terá lugar o III Congreso arredor do ...
12/03/2026

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga comeza a quentar motores.

Este sábado pola tarde terá lugar o III Congreso arredor do Aceite de Oliva de Quiroga, un espazo para coñecer mellor o noso aceite, o seu potencial e o traballo que hai detrás de cada colleita.

Tres relatorios que afondarán na realidade das oliveiras en Galicia, na investigación arredor das variedades autóctonas e nas propiedades saudables do aceite de oliva galego.

🫒 Un encontro para aprender, compartir e seguir poñendo en valor un produto que forma parte da nosa terra.

📍 Auditorio Municipal de Quiroga
📅 Sábado 14 de marzo
🕔 A partir das 17:00 h

Quiroga prepárase para unha fin de semana arredor do aceite 😊

✨ A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga medraEste ano a Mostra amplía a súa celebración e os postos de venda abrirán tamén ...
27/02/2026

✨ A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga medra

Este ano a Mostra amplía a súa celebración e os postos de venda abrirán tamén o sábado pola tarde, ademais da xornada do domingo.
Serán dous días adicados ao noso Aceite de Oliva Virxe Extra, ao traballo dos olivicultores e a un produto que forma parte da nosa identidade e da nosa paisaxe.

O horario do sábado anunciarase proximamente.

🗓 14 e 15 de marzo
📍 Praza do Auditorio Municipal

23/02/2026

A XXVI Mostra do Aceite reunirá congresos, catas, gastronomía e a posta en funcionamento do muiño de Bendilló, os días 14 e 15 de marzo cun programa pen...

🌿✨ O noso AOVE estará presente, un ano máis, na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga Son xa moitas edicións formando parte d...
19/02/2026

🌿✨ O noso AOVE estará presente, un ano máis, na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga

Son xa moitas edicións formando parte desta cita tan especial para nós. A Mostra non é só un evento: é o momento de compartir o traballo silencioso de todo un ano.

A nosa é unha produción limitada, coidada oliveira a oliveira, colleita a colleita. Cada litro leva detrás tempo, dedicación e moito respecto pola terra.

O noso aceite estará presente no posto de venda e tamén nas catas e demostracións de cociña da fin de semana. É un orgullo que o aceite feito aquí, en pequena escala pero con grande compromiso, forme parte deste encontro que pon en valor o AOVE de Quiroga.

Grazas por apoiar o produto local e ás pequenas producións que manteñen viva esta tradición 💚

Vémonos o 14 e 15 de marzo!!

🌿✨ 26 de novembro – Día Mundial da OliveiraHoxe celebramos o símbolo da paz, da sabedoría e das nosas raíces: a oliveira...
26/11/2025

🌿✨ 26 de novembro – Día Mundial da Oliveira

Hoxe celebramos o símbolo da paz, da sabedoría e das nosas raíces: a oliveira.
Nos Novaes, as árbores centenarias non só forman parte da paisaxe, senón tamén da nosa historia familiar e do noso traballo co aceite de oliva virxe extra que elaboramos con mimo e tradición.

Coidamos cada oliveira con respecto pola terra, por quen nos precedeu e por quen está por vir.

Grazas a todas as persoas que valorades este produto tan nobre e nos acompañades neste camiño. 💚

05/04/2025

🫒🫒🫒🫒

Dirección

Quiroga

Teléfono

659229842

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aceite Lar de Torrenovaes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Aceite Lar de Torrenovaes:

Compartir