03/11/2026
🎭 A MOCIDADE COÑECE A NOSA HISTORIA A TRAVÉS DO TEATRO
Onte o Auditorio do Piñeiral acolleu a representación da obra 'Melón Pelado', da compañía ButacaZero, unha actividade cultural e educativa dirixida ao alumnado do IES Chapela.
A peza rescata a historia de miles de mulleres que foron rapadas e represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, combinando narración oral, teatro de obxectos e formato documental.
Tras a función os estudantes participaron activamente nun coloquio co elenco, a dramaturga Esther F. Carrodeguas e o director Xavier Castiñeira.
A cita forma parte da programación de memoria histórica do Concello de Redondela e enmárcase no programa estatal 'Celebración dos 50 anos de España en liberdade'. No acto participaron a alcaldesa, Digna Rivas, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Alfonso Lago Ferreiro.
👉 “Achegar este tipo de contidos á mocidade a través da arte é indispensable para que a historia non se repita”, destacou a alcaldesa Digna Rivas.