Patrimonio da Deputación da Coruña

Llamar Cómo llegar Página web

Patrimonio da Deputación da Coruña Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Patrimonio da Deputación da Coruña, Guía turístico, Rianxo.

🏛️ O domingo despedimos as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña!📅 Este domingo, 25 de outubro, poñemo...
22/10/2026

🏛️ O domingo despedimos as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña!

📅 Este domingo, 25 de outubro, poñemos o broche final ás XEPDAC con dúas visitas guiadas para descubrir lugares únicos da historia e do patrimonio da provincia. ✨

📍 Castelo do Casón (Ortigueira)
🏰 Visitas guiadas ás 11:00 e ás 13:00 h para coñecer esta fortaleza altomedieval e achegarse ás pegadas do noso pasado.

📍 Punta Sarridal (Cedeira)
🌊 Visitas guiadas ás 12:00 e ás 16:00 h por este complexo arqueolóxico e marítimo, un espazo privilexiado para descubrir a relación entre o patrimonio, o territorio e o mar.

🎟️ Todas as actividades son gratuítas, con reserva previa e prazas limitadas.

🔗 Reserva a túa praza en: https://dacoruna.gal/patrimonio/xepdac/

🏛 🏛️ Continúan as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña!📅 Este sábado, 24 de outubro, convidámoste a d...
21/10/2026

🏛 🏛️ Continúan as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña!

📅 Este sábado, 24 de outubro, convidámoste a descubrir dous espazos únicos da provincia a través de visitas guiadas que nos permitirán achegarnos á súa historia, paisaxe e riqueza patrimonial. 🌿

📍 Faro de Punta Nariga (Malpica de Bergantiños)
🌊 Visitas guiadas ás 11:00 e ás 13:00 h para coñecer este singular enclave da costa galega.
📍 Pico Sacro (Boqueixón)
⛰️ Percorridos interpretativos con incursión espeleolóxica ás 11:00, 12:00, 13:00, 16:00 e 17:00 h para explorar os segredos deste lugar emblemático.

🎟️ Todas as actividades son gratuítas, con reserva previa e prazas limitadas.

🔗 Reserva a túa praza en: https://dacoruna.gal/patrimonio/xepdac/

📸 O patrimonio tamén se mira a través do obxectivo!🏛️ As Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña convida...
20/10/2026

📸 O patrimonio tamén se mira a través do obxectivo!

🏛️ As Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña convidan a descubrir a arte rupestre desde unha nova perspectiva cun obradoiro práctico de iniciación á fotografía nos petróglifos de Villestro, en Santiago de Compostela.

✨ Unha oportunidade para achegarse a estas pegadas do pasado, aprender a fotografalas e descubrir como a imaxe pode contribuír á difusión e á conservación do noso patrimonio cultural.

📍 Petróglifos de Villestro | Santiago de Compostela
📅 Sábado, 24 de outubro
🕢 19:30 h
📷 Obradoiro impartido polo Colectivo A Rula.

🎟️ Actividade gratuíta, con reserva previa e prazas limitadas.

🔗 Reserva a túa praza en: https://dacoruna.gal/patrimonio/xepdac/

🏛️ Celebramos as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña!📅 Este venres, 23 de outubro, convidámoste a de...
20/10/2026

🏛️ Celebramos as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña!

📅 Este venres, 23 de outubro, convidámoste a descubrir algúns dos espazos patrimoniais máis singulares da provincia a través de visitas guiadas que nos achegarán á súa historia, arquitectura e memoria. ✨

🔹 Antiga Batería militar da Bailadora (Ares)
🕚 Visitas ás 11:00 e ás 13:00 h.
🔹 Mosteiro de Santa María de Monfero (Monfero)
🕛 Visitas ás 12:00, 16:00 e 18:00 h.
🔹 Convento do Rosario (San Sadurniño)
🕔 Visitas ás 17:00 e ás 19:00 h.

🎟️ Todas as actividades son gratuítas, con reserva previa e prazas limitadas.

🔗 Reserva a túa praza en: https://dacoruna.gal/patrimonio/xepdac/

🏛️ Celebramos as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña tamén coas máis novas e os máis novos! 🎒✨ Do 20...
19/10/2026

🏛️ Celebramos as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña tamén coas máis novas e os máis novos! 🎒
✨ Do 20 ao 22 de outubro, o patrimonio da provincia convértese nun escenario para aprender, descubrir e desfrutar con actividades escolares que achegan a historia e a cultura ás novas xeracións.

🎭 Tres días, tres propostas e moitas historias por vivir:
📍 20 de outubro | Dolmen de Axeitos (Ribeira)
🎶 «Latexos», de K'Paparota Teatro, unha proposta escénica e pedagóxica protagonizada por Carmen Conde.
📍 21 de outubro | Torres do Allo (Zas)
🪆 «Os Monifates no Camiño», un espectáculo de música e marionetas da man do dúo Os Monifates.
📍 22 de outubro | Castelo de Vimianzo
🎩 Un espectáculo de maxia e ilusionismo a cargo de Samuel Moreno.

🌿 Unha oportunidade para achegar o alumnado ao noso patrimonio dunha maneira creativa, participativa e divertida, fomentando o coñecemento e o respecto polo legado cultural.

🏛️ Aberto o prazo de inscrición para as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña (XEPDAC)📅 Do 20 ao 25 de...
16/10/2026

🏛️ Aberto o prazo de inscrición para as Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña (XEPDAC)
📅 Do 20 ao 25 de outubro, chega a terceira edición das XEPDAC, cun programa cheo de propostas para todos os públicos.
📍 Do Dolmen de Axeitos ás Torres do Allo, pasando polo Mosteiro de Monfero, o Faro de Punta Nariga, o Pico Sacro ou os petróglifos de Villestro, agárdante experiencias únicas en espazos cheos de historia.
🎟️ Todas as actividades son gratuítas, con reserva previa e prazas limitadas.
🔗 Consulta o programa completo e reserva a túa praza en: https://dacoruna.gal/patrimonio/xepdac/

🏛️ Hoxe presentamos a terceira edición das Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña (XEPDAC), unha inicia...
15/10/2026

🏛️ Hoxe presentamos a terceira edición das Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña (XEPDAC), unha iniciativa para achegar a riqueza do noso patrimonio cultural á cidadanía e promover a súa conservación.
💬 O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, salientou que “Protexer o noso patrimonio non é só mirar ao pasado; é un acto de resiliencia, salvagarda da nosa diversidade e cohesión social”.
🌿 Baixo o lema «Patrimonio en risco: revivir, resistir, reimaxinar», as XEPDAC celebraranse do 20 ao 25 de outubro cun programa cheo de actividades para descubrir, vivir e g***r do noso legado desde novas perspectivas.
✨ Visitas guiadas, música, títeres, contos, maxia, espeleoloxía e fotografía convidan a redescubrir espazos únicos da provincia e a reflexionar sobre a importancia de preservar a nosa memoria colectiva.
📅 As inscricións abren mañá, venres 16 de outubro, ás 12:00 h.
🎟️ Todas as actividades son gratuítas, con reserva previa e prazas limitadas.
🔗 Consulta o programa completo e reserva a túa praza en https://dacoruna.gal/patrimonio/xepdac/.

🎶 Hoxe pechamos Espazos Sonoros 2026 en VienaDespedimos esta edición cunha cita internacional moi especial: o III Serán ...
08/10/2026

🎶 Hoxe pechamos Espazos Sonoros 2026 en Viena

Despedimos esta edición cunha cita internacional moi especial: o III Serán Galego en Viena, baixo o título “Música galega entre memoria, vangarda e exilio”.

📍 Este 8 de outubro, ás 19:30 h, o escenario da Sargfabrik, emblemático centro de cultura alternativa da capital austríaca, acollerá un concerto dedicado á figura do compositor e etnomusicólogo Jesús Bal y Gay.

Un encontro entre música antiga, tradición e vangarda que reivindica a riqueza e a capacidade de diálogo da cultura musical galega máis alá das nosas fronteiras.

🎻 Seis músicos especializados en música antiga e tradicional —entre eles Belén Mariño, Aliona Kp, David Bellas, Nuno Estévez e Desirée Wöhrer— serán os encargados de poñer o broche final a unha nova edición de Espazos Sonoros.

🌍 De Galicia a Viena, a música como memoria, identidade e espazo de creación.

🏛️ Descubre o dolmen de Cabaleiros e a investigación arqueolóxica que se está a desenvolver no monumento.A Deputación da...
24/09/2026

🏛️ Descubre o dolmen de Cabaleiros e a investigación arqueolóxica que se está a desenvolver no monumento.

A Deputación da Coruña organiza catro visitas guiadas, comentadas polo arqueólogo Ángel Concheiro Coello:

📅 25 e 26 de setembro · 2 e 3 de outubro
🕐 Venres ás 19:00 h · Sábados ás 11:00 h
📍 Dolmen de Cabaleiros · Tordoia

Unha oportunidade para coñecer de preto a historia deste monumento megalítico e os novos traballos que están a permitir afondar no seu coñecemento.

👉 Inscrición previa: Concello de Tordoia · 981 69 00 01 · [email protected]

🏛️ Descubre o dolmen de Cabaleiros e a investigación arqueolóxica que se está a desenvolver no monumento.Dende a Deputac...
24/09/2026

🏛️ Descubre o dolmen de Cabaleiros e a investigación arqueolóxica que se está a desenvolver no monumento.

Dende a Deputación da Coruña organizamos catro visitas guiadas, comentadas polo arqueólogo Ángel Concheiro Coello:

📅 25 e 26 de setembro · 2 e 3 de outubro
🕐 Venres ás 19:00 h · Sábados ás 11:00 h
📍 Dolmen de Cabaleiros · Tordoia

Unha oportunidade para coñecer de preto a historia deste monumento megalítico e os novos traballos que están a permitir afondar no seu coñecemento.

👉 Inscrición previa: Concello de Tordoia · 981 69 00 01 · [email protected]

Dirección

Rianjo

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Patrimonio da Deputación da Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Agencias De Viajes cercanos


Otros Guías turísticos en Rianxo

Ver Todo