Correvaidille

Correvaidille Correveydile é unha empresa de xestión e catalización cultural, comunicación creativa, organización de eventos e dinamización sociocultural.

En CORREVAIDILLE creamos, conceptualizamos, deseñamos, coordinamos e executamos proxectos e accións culturais de diversa índole. Ademais, dámoslle ás á imaxinación, brindando a cada cliente e entidade colaboradora ou promotora, a creatividade e as ferramentas necesarias para a visibilización eficaz das súas liñas de acción, obxectivos, servizos, actividades, produtos e marcas. Os que seguen son al

gúns dos traballos que realizamos dende 2012:

-1ª, 2ª e 3ª edición do ciclo musical de concertos noitiNHas MUSIC para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra. 4ª edición * 2021 en preprodución.
-Proxeccións de creadoras e creadores galegos na Praza da Quintana de Santiago de Compostela para felicitar o Nadal 2020 e o Aninovo 2021 aos viandantes da cidade. Proxecto realizado para Turismo de Santiago.
-Empresa promotora do festival lúdico-cultural para a posta en valor do talento galego Mercado da Estrela en 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020. Iniciativa propia co-organizada co Concello de Santiago de Compostela con patrocinadores e colaboradores como Artesanía de Galicia, Santiago de Compostela Turismo, Estrella Galicia, Gadis, Finsa, etc.
- Dirección de produción da quincena de actividades do espazo de Galeras nas Festas do Apóstolo 2020 (Santiago de Compostela; Festas do Apóstolo 2020; Concello de Santiago de Compostela)
-2ª edición da actividade Sabor a Artesanía coa Fundación Pública Artesanía de Galicia – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia xullo 2020
- Conteptualización, deseño e materialización da campaña de promoción QUEDAMOS EN TEO. QUEDAMOS SEGURO para o Concello de Teo (primavera 2020)
-1ª edición do ciclo de sesións DJ TardiNHas para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra (verán 2020)
-Traballos de deseño e produción de materiais para Tragsatec, Grupo Tragsa (febreiro 2020)
-Parte da produción e contidos da mostra de artesanía da Feira do San Martiño. Concello de Teo (novembro 2019)
-Organización do Festival AtardeSer en Broña para o Concello de Outes (agosto 2019).
-Organización da iniciativa Festa Territorio das mulleres enmarcada dentro das Festas do Apóstolo (xullo de 2016, 2017, 2018 e 2019) para o Concello de Santiago de Compostela - Santiago de Compostela Turismo
-Organización da 1ª, 2ª, 3ª e 4ª Edición do Festival de San Xoán en Compostela para o Concello de Santiago de Compostela a través de Turismo de Santiago de Compostela (2016, 2017, 2018 e 2019).
-Deseño, coordinación e produción da 1ª e a 2ª edición da iniciativa CREAGAIÁS para o CEM, Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia (2018 e 2019).
-Actualización de contidos dixitais para a axenda de actividades culturais de Turismo de Santiago para Turismo de Santiago de Compostela (2019).
-Organización do festival familiar Feira na eira para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección artística, coordinación e contratacións da Noite de Bandas Galegas na Praza da Quintana para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección dos Premios da Cultura Galega para a Xunta de Galicia. Outono/inverno 2017.
-Servizo de coordinación e programación de actividades culturais na Cidade da Cultura de Galicia (setembro 2015 –setembro 2017).
-Organización do Festival da Cervexa Artesá de Cangas (xullo 2016).
-Deseño, coordinación e produción da iniciativa Nadal sobre rodas. Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2015-2016).
-Secretaría técnica de organización, deseño de imaxe e dinamización da 1ª, 2ª e 3ª edición da iniciativa Estrea Estilo: xornada lúdica de dinamización comercial para a presentación das novas coleccións do comercio compostelán. 2013, 2014 e 2015. Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela.
-Secretaría técnica de organización e deseño de imaxe Mercado da Quintana para Turismo de Galicia e Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2014-15)
-Actividades de dinamización Nadal 2014-2015. Turismo de Santiago.
-Deseño de imaxe, actividades e espazo infantil para o Festival do Norte’ 14.
-Dinamización musical para Compostela Gastronómica 2014. Concello de Santiago de Compostela.
-Deseño de contidos e dinamización infantil e familiar para a 1ª e 2ª edición da iniciativa Festivalín. 2013 e 2014 en Vigo e A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza e I-radia crea.
-Organización Bee Happy Market. 2013 e 2014. Naranjalimón e Asociación Galega de Apicultores.
-Actividades infantís para SGAE - Fundación Autor no Festival de la Luz. 2013.
-Empresa promotora da iniciativa Sabor a artesanía. 2012.
-Dirección artística e creatividade de todos os proxectos xestionados.
-Deseño de merchandising para SOGAMA, Tropa Verde e todos os proxectos propios.
-Etc.

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Casa de Amancio (Lavacolla) é un referente da gastronomía galega cunha proposta na súa cociña que combina produtos...
03/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Casa de Amancio (Lavacolla) é un referente da gastronomía galega cunha proposta na súa cociña que combina produtos locais, materias primas de alta calidade e unha carta elaborada na que dialogan tradición e creatividade. Mar, terra and sabores ancestrais convivindo nunha experiencia pensada para g***r cos cinco sentidos e que podremos catar no último noitiNHas da temporada: o vindeiro mércores 9 de setembro, o seu chef Javier Míguez estará á fronte do Showcooking Cervezas Alhambra do último noitiNHas de 2026, aportando a súa visión culinaria a unha experiencia onde a gastronomía se entrelaza coa música en directo.

Unha última cita para saborear, compartir e despedir o ciclo como se merece!

ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN - MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a carga de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: concerto de Erin Memento






Entrada: de balde sen reserva previa de convite.
Promoción: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra - Momentos Alhambra - alhambrabeer
Organización: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

💥🌲🌲🌲Contámosvos en imaxes como foi o FESTIVAL Electrofauna IV - 2026! ELECTROFAUNA é un pequeno festival multiartes que ...
01/09/2026

💥🌲🌲🌲

Contámosvos en imaxes como foi o FESTIVAL Electrofauna IV - 2026!

ELECTROFAUNA é un pequeno festival multiartes que toma á natureza e á creatividade que se inspira nela como protagonistas. Pensado para todos os públicos, puxo o foco na súa 4ª edición na necesidade de coñecer, vivenciar e valorizar a nosa contorna natural máis achegada, aprendendo a sentirnos parte dela e a celebrala e cohabitala de forma respectuosa e harmónica, intervíndoa creativamente cos cinco sentidos e deixándonos levar pola vibrante chamada do bosque...
... dende o corazón verde de Compostela!

FESTIVAL Electrofauna IV - 2026. Xoves 30 e venres 31 de xullo e sábado 1 de agosto. Parque de Vista Alegre - Santiago de Compostela. A vibrante chamada do bosque como latexo creativo. Música, obradoiros, roteiros e actividades inspiradas pola natureza



Promoveu: Correvaidille Correvaidille
Apoiaron: Concello de Santiago de Compostela. AGADIC - Xunta de Galicia. Axencia Galega das Industrias Culturais Pazo de Raxoi Axencia Galega das Industrias Culturais Xunta de Galicia
Colaboraron: Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Cervezas Alhambra. Bodegas Lodeiros. Paco & Lola. BS Danza. Adega Cervezas Alhambra Bodegas Lodeiros PACO & LOLA BS Danza
Imaxe: Xoel Méndez

https://youtu.be/bzQX4j3bB9o?si=7c8wHq2OsrShVPTx

🌲🌲🌲💥

💥🌲🌲🌲FESTIVAL ELECTROFAUNA IV A vibrante chamada do bosque como l...

🎶🌙🍢🍻🎉🎶DJ Divergente é un selector recoñecido pola súa longa traxectoria en salas de referencia i eventos como o Festival...
27/08/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

DJ Divergente é un selector recoñecido pola súa longa traxectoria en salas de referencia i eventos como o Festival de la Luz, no que participará no presente ano 2026. A súa identidade sonora transita con elegancia entre o indie-pop, a electrónica sofisticada e os clásicos alternativos, construíndo sesións eclécticas, dinámicas, divertidas e emocionantes con mezclas de música alternativa.

As súas sesións crean unha atmosfera animada e envolvente que sen dúbida resultará perfecta para acompañar o solpor do vindeiro mércores 9 de setembro e deixar que o noitiNHas se despida de nós con melodías recoñecibles, matices electrónicos e enerxía festiva!

A sesión de clausura da última velada da tempada... será unha cita para non perder!

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO - ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: Erin Memento en concerto.
🎉 Entrada: de balde sen reserva previa de convite






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra Momentos Alhambra alhambrabeer
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Erin Memento será a encargada de pechar a 9ª edición do ciclo noitiNHas cun directo que deixará ver a forza e a pe...
26/08/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Erin Memento será a encargada de pechar a 9ª edición do ciclo noitiNHas cun directo que deixará ver a forza e a personalidade que caracterizan aos temas da súa creación: cancións como ‘4 Impulsos Más’, ‘Medalla de oro a la mejor canción de amor’ ou ‘El futuro casi está aquí’, para a que contou coa colaboración de Enrique Bunbury, e que foron creadas a camiño entre Los Ángeles, Ciudad de México e o seu Zaragoza natal.

Un último concerto do ciclo, neste presente 2026, no que a emoción e a enerxía se atoparán no escenario para facernos vibrar ao tempo que escribimos a última liña deste 9º noitiNHas que tanto nos fixo desfrutar.

Agardámosvos para a despedida do verán!

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO - ÚLTIMO EVENTO DO 9º noitiNHas
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: Erin Memento en concerto.
🎉 Entrada: de balde sen reserva previa de convite






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra - Momentos Alhambra - alhambrabeer
Organiza:

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Erin Memento será a encargada de pechar a 9ª edición do ciclo noitiNHas cun directo que deixará ver a forza e a personalidade que caracterizan aos temas da súa creación: cancións como ‘4 Impulsos Más’, ‘Medalla de oro a la mejor canción de amor’ ou ‘El futuro casi está aquí’, para a que contou coa colaboración de Enrique Bunbury, e que foron creadas a camiño entre Los Ángeles, Ciudad de México e o seu Zaragoza natal.

Un último concerto do ciclo, neste presente 2026, no que a emoción e a enerxía se atoparán no escenario para facernos vibrar ao tempo que escribimos a última liña deste 9º noitiNHas que tanto nos fixo desfrutar.

Agardámosvos para a despedida do verán!

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO - ÚLTIMO EVENTO DO 9º noitiNHas
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: Erin Memento en concerto.
🎉 Entrada: de balde sen reserva previa de convite






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra - Momentos Alhambra - alhambrabeer
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Rockear ata romper o chan! Rockear ata tocar o ceo coas mans!Así vivimos pasado noitiNHas de agosto con The Killin...
19/08/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Rockear ata romper o chan! Rockear ata tocar o ceo coas mans!

Así vivimos pasado noitiNHas de agosto con The Killing Floors chegados dende California, DJ Misa e o restaurante DeLito!

O mércores 9 de setembro volvemos para vivir con vós o último dos noitiNHas de 2026!

Agardámosvos para a traca final con toda a ilusión!






Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra Alhambra
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🌳👒🎶🌸🛍🌳Así foi SABOR A NOVO 2026!https://www.youtube.com/watch?v=2nFCyYmzekI&t=4sSABOR A..... Sabor a remotas historias, ...
10/08/2026

🌳👒🎶🌸🛍🌳

Así foi SABOR A NOVO 2026!

https://www.youtube.com/watch?v=2nFCyYmzekI&t=4s

SABOR A...
.. Sabor a remotas historias, a misterios seculares, sabor a antigas tradicións...
.. Sabor a novas sensacións, a novos divertimentos, a novas coleccións... no Pazo de San Lourenzo!

SABOR A NOVO: unha gran festa de portas abertas no pazo de San Lourenzo o sábado 18 e domingo 19 de xullo para achegarse á historia da cidade de Santiago, de Galicia e do Pazo de San Lourenzo e desfrutar de visitas guiadas e teatralizadas da man de personaxes históricas que tiveron relación co pazo, xogos infantís, de enxeño e de enigmas en forma de desafío, obradoiros de inmersión na nosa cultura tradicional, música, gastronomía, feira de artesanía e creatividade, trenciño de balde para os traslados ata o pazo e moitas sorpresas nun monumento, incluído como Ben de Interese Cultural no Patrimonio Artístico Nacional, e situado no corazón de exuberantes xardíns murados que se abriron á veciñanza para desvelar os seus segredos históricos coas Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela ás portas!

Promoveu: Correvaidille Correvaidille
Patrocinou: Concello de Santiago de Compostela. Fundación Pública Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia. Pazo de Raxoi Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia
Colaborou: Pazo de San Lourenzo Pazo de San Lorenzo
Imaxe: Xoel Méndez

🌳👒🎶🌸🛍🌳

Enjoy the videos and music that you love, upload original content and share it all with friends, family and the world on YouTube.

🎶🌙🍢🍻🎉🎶No restaurante DeLito (Santiago de Compostela), céntranse en reunir produtos da terra e do mar nun mesmo lugar, de...
04/08/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

No restaurante DeLito (Santiago de Compostela), céntranse en reunir produtos da terra e do mar nun mesmo lugar, defendendo os máis altos estándares de calidade. Son coñecidos polo seu peixe e marisco, seleccionados diariamente das principais lonxas de Galicia, e tamén polos seus produtos de tempada e os provenientes das súas propias gandeirías en Ávila e Galicia.

O mércores 5 de agosto, José Hernández Ortega levará esta filosofía ao Showcooking Cervexas Alhambra no noitiNHas, cunha exhibición en directo da preparación de brioche de steak tartar afumado deseñada para o desfrute inmediato!

Convidámosvos a vivir connosco o que será o penúltimo noitiNHas de 2026: unha noite para saborear a un ritmo desfrutón, onde a gastronomía e a música se unirán en momentos intensos para nunca esquecer!

MÉRCORES 5 DE AGOSTO - 9ª EDICIÓN - penúltimo noitiNHas de 2026

🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Misa + Showcooking Cervezas Alhambra da man de José Hernández Ortega, do restaurante DeLito (Santiago de Compostela)
🎶21h: The Killing Floors en concerto (Los Ángeles)
🎉 Entrada: de balde sen reserva previa de convite






Promove: NH Collection Santiago (Santiago de Compostela)
Patrocina: Paco Cerezo - Momentos Alhambra - Ajandair Fialho De Brito
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶A banda The Killing Floors (Los Ángeles)  Killing Floors chega ao noitiNHas de agosto este mércores día 5 cun dire...
03/08/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

A banda The Killing Floors (Los Ángeles) Killing Floors chega ao noitiNHas de agosto este mércores día 5 cun directo electrizante inspirado no rock & roll dos anos 60 e o garage máis salvaxe!

Formado por cinco músicos, o grupo chicano constrúe un son potente e dinámico que combina influencias do garage rock e o psych, alternando temas en inglés e español e amosando unha gran diversidade no escenario.

Recoñecidos como unha das bandas con mellor directo pola revista Music Connection, os seus concertos destacan pola súa intensidade e a súa capacidade de atrapar ao público desde o primeiro momento!

Cita esta semana para non perder!

MÉRCORES 5 DE AGOSTO - 9ª EDICIÓN penúltimo noitiNHas da tempada

🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Misa + Showcooking Cervezas Alhambra da man de José Hernández Ortega, do restaurante DeLito (Santiago de Compostela)

🎶21h: The Killing Floors en concerto (Los Ángeles)

🎉 Entrada: de balde sen reserva previa de convite






Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra - Momentos Alhambra - alhambrabeer
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

A banda The Killing Floors (Los Ángeles) The Killing Floors chega ao noitiNHas de agosto este mércores día 5 cun directo electrizante inspirado no rock & roll dos anos 60 e o garage máis salvaxe!

Formado por cinco músicos, o grupo chicano constrúe un son potente e dinámico que combina influencias do garage rock e o psych, alternando temas en inglés e español e amosando unha gran diversidade no escenario.

Recoñecidos como unha das bandas con mellor directo pola revista Music Connection, os seus concertos destacan pola súa intensidade e a súa capacidade de atrapar ao público desde o primeiro momento!

Cita esta semana para non perder!

MÉRCORES 5 DE AGOSTO - 9ª EDICIÓN penúltimo noitiNHas da tempada

🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Misa + Showcooking Cervezas Alhambra da man de José Hernández Ortega, do restaurante DeLito (Santiago de Compostela)

🎶21h: The Killing Floors en concerto (Los Ángeles)

🎉 Entrada: de balde sen reserva previa de convite






Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra - Momentos Alhambra - alhambrabeer
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Correvaidille publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Correvaidille:

Atajos

Compartir