Combina Social

Combina Social Somos unha empresa social e transformamos desafíos en oportunidades. Servizos auxiliares.

20/07/2026

O Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social de COGAMI Empresarial busca incorporar novas persoas ao seu equipo a través de diferentes ofertas laborais na Coruña, A Laracha e Carballo, con xornadas adaptadas a distintos perfís profesionais.

Despois dunha intensa xornada de traballo co equipo de xerentes de Cogami Empresarial, tivemos a oportunidade de visitar...
20/07/2026

Despois dunha intensa xornada de traballo co equipo de xerentes de Cogami Empresarial, tivemos a oportunidade de visitar Nordés Gin e coñecer de preto as súas instalacións.

Durante a visita descubrimos parte do proceso que hai detrás dunha marca galega tan recoñecida, coñecemos mellor a súa forma de traballar e degustamos un produto con auténtico ADN galego.

Casa Nordés representa á perfección o valor dos produtos da nosa terra: calidade, personalidade, innovación e capacidade para conquistar novos mercados sen perder as raíces.

Foi unha xornada para compartir experiencias, aprender e poñer en valor o talento e as marcas que levan o nome de Galicia máis alá das nosas fronteiras.

E, como non podía ser doutro xeito, tamén houbo tempo para brindar. Saúde! 🍸

20/07/2026

A xerente de Combina Social, Raquel Alvite, destacou durante a súa participación no programa Un Café con Eva, de Radio Voz, a importancia de derrubar estereotipos sobre a discapacidade e de ofrecer oportunidades laborais adaptadas ás capacidades de cada persoa para favorecer a súa autonomía e ...

📢 Proceso de selección aberto!En Combina Social temos diferentes ofertas de emprego activas na Coruña, A Laracha e Carba...
13/07/2026

📢 Proceso de selección aberto!

En Combina Social temos diferentes ofertas de emprego activas na Coruña, A Laracha e Carballo, con distintas modalidades de xornada.

Consulta todas as vacantes dispoñibles en InfoJobs e forma parte do noso equipo.

Leticia estivo estas semanas nas instalacións de COMBINA SOCIAL realizando as súas prácticas formativas.Agradecémoslle a...
10/07/2026

Leticia estivo estas semanas nas instalacións de COMBINA SOCIAL realizando as súas prácticas formativas.

Agradecémoslle a súa implicación e desexámoslle moito éxito no seu futuro profesional. Foi un pracer contar contigo!

Brais forma parte do equipo de Combina, botádelle un ollo á noticia 👀
18/06/2026

Brais forma parte do equipo de Combina, botádelle un ollo á noticia 👀

El joven Brais Seoane es un vianés con diversidad funcional que, desde el pasado mes de mayo, es el nuevo conserje del Concello de Viana do Bolo.

📢 IMPORTANTE!Dende Combina Social queremos lembrar que é fundamental estar atentos e atentas ás novas notificacións elec...
12/06/2026

📢 IMPORTANTE!
Dende Combina Social queremos lembrar que é fundamental estar atentos e atentas ás novas notificacións electrónicas da Seguridade Social.
A información principal está recollida na imaxe. Recomendamos revisar periodicamente a Sede Electrónica para evitar perder prazos ou comunicacións importantes.

Hoxe participamos na xornada interna de traballo e reflexión “Da nosa historia ao noso modelo: COGAMI centrada na persoa...
03/06/2026

Hoxe participamos na xornada interna de traballo e reflexión “Da nosa historia ao noso modelo: COGAMI centrada na persoa”, arredor da Atención Integral e Centrada na Persoa (AICP), celebrada no salón de actos do CEGADI.

A AICP é un modelo que pon a persoa no centro, tendo en conta a súa historia, preferencias, necesidades, dereitos e proxecto de vida.

Dende COMBINA seguimos avanzando nunha forma de traballar máis humana, próxima e comprometida, en coherencia cos valores de COGAMI e coa nosa aposta pola inclusión laboral e social.

Hoxe acudimos á xornada “A diversidade no emprego”, organizada polo Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro.É ...
22/05/2026

Hoxe acudimos á xornada “A diversidade no emprego”, organizada polo Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro.

É moi positivo que as administracións locais se impliquen na realización deste tipo de actos para sensibilizar o tecido empresarial sobre a necesidade de ser máis inclusivo na xeración de emprego. Agardamos que moitos concellos tomen exemplo.

📍 Nova parada, novo servizo!Esta semana comezamos nun concello moi ligado a unha das celebracións máis auténticas e repr...
07/05/2026

📍 Nova parada, novo servizo!

Esta semana comezamos nun concello moi ligado a unha das celebracións máis auténticas e representativas do Entroido galego. 🎭

Non imos dicir aínda onde é… pero seguro que moitas e moitos xa o estades pensando. 👀

Para nós, cada novo servizo é unha oportunidade para seguir creando emprego para persoas con discapacidade e demostrar que a inclusión tamén se constrúe no territorio, paso a paso.

Sabedes onde estamos? 💚

Dirección

Severino Riveiro Tome
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 08:15 - 18:00
Martes 08:15 - 18:00
Miércoles 08:15 - 18:00
Jueves 08:15 - 18:00
Viernes 08:15 - 18:00

Teléfono

+34687035756

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Combina Social publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir