Arzúa Turismo

  • Home
  • Arzúa Turismo
Call Directions Website

Arzúa Turismo Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Arzúa Turismo, Tour guide, .

Descobre Arzúa, o destino verde 🌿💧🧀
Paisaxes, aloxamentos rurais, gastronomía, deportes activos...
Ven e reconéctate coa terra e contigo mesmo.

05/11/2026

🎶❤️ Ana Kiro, unha voz eterna no corazón de Arzúa

Arzúa mantén viva a lembranza dunha das voces máis queridas da música galega. Un busto no parque que leva o seu nome rende homenaxe a unha artista inesquecible, cuxo legado segue moi presente na nosa vila. 🌳✨

🎬 E moi pronto, a súa historia volverá emocionarnos coa estrea dun documental dedicado á súa vida e traxectoria.

03/11/2026

📍Cada parroquia garda unha parte da nosa historia. Hoxe achegámonos a Santa María de Arzúa para deternos na súa igrexa: un templo de estilo barroco con fachada de cantaría, tres óculos e un interior dividido en tres naves. ⛪🌿

Un convite a percorrer o noso concello con calma e descubrir os detalles do seu patrimonio.

💬 Cóntanos que recuncho da parroquia recomendarías visitar.

31/10/2026

🌍🥾 Peregrinos de todo o mundo en Arzúa!

🇨🇴 Luisa, desde Bogotá (Colombia), comparte a súa experiencia no Camiño de Santiago: unha viaxe espiritual, única e inesquecible. ✨

🧀🐙 A gastronomía galega tamén a conquistou: o queixo de Arzúa superou as súas expectativas, sen esquecer o polbo e os pementos. 😋

💚 Grazas por compartir o teu Camiño con nós!

🎬 🌟 A nosa querida Ana Kiro, nada en Castañeda, volve brillar co documental Kiro, que chegará aos cines o 11 de decembro...
27/10/2026

🎬 🌟 A nosa querida Ana Kiro, nada en Castañeda, volve brillar co documental Kiro, que chegará aos cines o 11 de decembro. Unha homenaxe á inesquecible raíña das verbenas, que levou a música e a lingua galega por todo o mundo.

💚 Un orgullo para Arzúa e para toda Galicia!

Ana Kiro volve á gran pantalla cun documental que recupera o seu legado musical e o vínculo que construíu con varias xeracións de galegos.

🍲 Arzúa, entre o máis suculento da cociña galega!CASA BRANDARIZ foi finalista nos II Premios da Cociña Galega na categor...
26/10/2026

🍲 Arzúa, entre o máis suculento da cociña galega!

CASA BRANDARIZ foi finalista nos II Premios da Cociña Galega na categoría de callos á galega, cuxa gala se celebrou hoxe no Auditorio de Galicia, en Santiago. 💚

Desde a Concellería de Turismo do Concello de Arzúa celebramos con orgullo a súa participación entre os grandes referentes da nosa gastronomía. Un recoñecemento ao traballo, ao sabor e ao coidado das receitas que manteñen viva a tradición culinaria galega.

👏 Parabéns a todo o equipo de Casa Brandariz.

25/10/2026

🍂 E que mellor ca un domingo para g***r do Outono Gastronómico en Arzúa?

Ata o 20 de decembro, goza dun menú gastronómico con sabor a outono. Un plan para saborear sen présas e en boa compañía. 🍽️🧡

Reserva a túa mesa:

📍 Fogar de Lecer · 📞 689 76 36 87
📍 Casa Brandariz · 📞 981 50 80 90
📍 Pazo de Brandeso · 📞 981 50 11 29
📍 Pazo de Santa María · 📞 981 50 07 02

Este domingo, Arzúa agárdate á mesa! 🍁

23/10/2026

🚧🌿 RIBADISO SEGUE MELLORANDO!

Continúan as obras de mellora na zona de baño de Ribadiso, un dos espazos naturais máis especiais e emblemáticos do noso concello. 🌳💦

🛠️ Unha actuación destinada a mellorar o acondicionamento e a conservación desta contorna, co obxectivo de coidar e poñer en valor un lugar tan querido pola veciñanza e polas persoas que nos visitan.

👷‍♀️ A concelleira de Turismo, Promoción Económica e Comercio, Begoña Balado, segue de preto a evolución dos traballos, cuxa finalización está prevista para finais deste mes, co fin de garantir que este espazo recupere canto antes as mellores condicións para o seu desfrute.

Coidar os nosos espazos naturais é apostar polo futuro de Arzúa!

PatrimonioNatural ArzúaMellora

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Arzúa Turismo posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

  • Want your business to be the top-listed travel agency?

Share