Concello de Vimianzo

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Vimianzo Páxina oficial de Facebook do Concello de Vimianzo. Para información turística: http://facebook. O Corazón da Terra de Soneira

PROGRAMACIÓN I 📍 Esta fin de semana, Vimianzo é un bo lugar para quedar… ou para vir de visita!🎪 Circo, comedia, música ...
23/10/2026

PROGRAMACIÓN I 📍 Esta fin de semana, Vimianzo é un bo lugar para quedar… ou para vir de visita!

🎪 Circo, comedia, música e moitas propostas para g***r da cultura e do tempo de lecer na capital de Soneira.

Hoxe, venres, o Auditorio de Vimianzo recibe Less Dragqueens and More Chunorris!, de Aló Producións, un espectáculo que mestura circo, humor e retranca para facer rir e reflexionar.

Unha boa escusa para achegarse a Vimianzo, descubrir o que ofrece a nosa vila e compartir unha fin de semana diferente.

Vimianzo, cultura para vivir e g***r!
👀👇🏻

Hoxe, espectáculo sobre as distintas formas de masculinidades, e o domingo, concerto dunha pianista no castelo

PATRIMONIO I 🎹🏰  O  Castelo de Vimianzo acolle este domingo, 25 de outubro, ás 17:00 h, o concerto de Elsa Muñiz co seu ...
22/10/2026

PATRIMONIO I 🎹🏰 O Castelo de Vimianzo acolle este domingo, 25 de outubro, ás 17:00 h, o concerto de Elsa Muñiz co seu espectáculo Pianotelling: música e historias ao piano.

Unha proposta para deixarse levar pola música e polas palabras nun espazo emblemático do noso patrimonio, nun encontro entre a creación artística e a historia.

A actividade enmárcase nas Xornadas Europeas do Patrimonio, impulsadas pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Vimianzo.

📍 Castelo de Vimianzo
📅 Domingo, 25 de outubro
🕔 17:00 h
🎟️ Entrada gratuíta ata completar aforo.
☔ En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio de Vimianzo.

✨ Agardámoste! Ven g***r dunha tarde na que a música e o patrimonio se dan a man.


Patrimonio da Deputación da Coruña

PATRIMONIO I 🏰 Unha mañá de maxia no Castelo de Vimianzo!O alumnado do CEIP San Vicenzo gozou hoxe dun espectáculo de ma...
22/10/2026

PATRIMONIO I 🏰 Unha mañá de maxia no Castelo de Vimianzo!

O alumnado do CEIP San Vicenzo gozou hoxe dun espectáculo de maxia e ilusionismo da man de Samuel Moreno, no patio de armas do Castelo de Vimianzo.

Unha experiencia chea de sorpresa e diversión para achegar as novas xeracións ao patrimonio a través da cultura e das artes escénicas.

A actividade enmárcase nas Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Vimianzo.
📷 Trivium estratexias en cultura e turismo


Patrimonio da Deputación da Coruña

FEM 2026 I 🧵Creando panos en VimianzoNoelia Darriba regresa  ao Festival Escena Muller 2026 con «Creando panos», un obra...
22/10/2026

FEM 2026 I 🧵Creando panos en Vimianzo

Noelia Darriba regresa ao Festival Escena Muller 2026 con «Creando panos», un obradoiro interxeracional que propón un espazo de encontro entre mulleres de diferentes xeracións para compartir lembranzas, afectos e experiencias a través da palabra e da creación.

O pano convértese nun soporte para recoller voces, historias e memorias que forman parte da nosa identidade colectiva.

📍 Vimianzo
📅 26 e 27 de outubro
🕕 De 18:00 a 20:00 h
📝 Inscricións

Unha oportunidade para escoitarnos, crear xuntas e poñer en valor a memoria das mulleres.

COMERCIO I 🛍️ MercaNaVila 2026A Deputación da Coruña organiza unha nova edición de MercaNaVila, a campaña que impulsa as...
21/10/2026

COMERCIO I 🛍️ MercaNaVila 2026

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición de MercaNaVila, a campaña que impulsa as compras no comercio de proximidade con descontos de entre 10 e 30 € por compra nos establecementos adheridos.

👉 Consulta as condicións e descarga os teus bonos en https://mercanavila.gal/

📅 Ata o 20 de novembro ou ata esgotar o orzamento.

Desde o Concello de Vimianzo animamos á veciñanza a participar e apoiar o comercio local.

Revisa os comercios adheridos 👀👇🏻


Comercio de Vimianzo
Deputación da Coruña

21/10/2026

O Auditorio de Vimianzo recibe esta semana a Aló Produccións con Less Dragqueens and More Chunorris!
👀👇🏻😂

21/10/2026

BIBLIOTECA I 📚✨ A maxia dos libros na Semana da Biblioteca en Vimianzo!

Hoxe, o alumnado do CEIP de Vimianzo e Baiñas gozou dunha nova xornada de animación á lectura na Casa da Cultura, da man de Mago Errante e o seu espectáculo A maxia dos libros.

Unha mañá para sorprenderse, imaxinar e descubrir que os libros tamén agochan moita maxia. 🪄📖

Desde o Concello de Vimianzo seguimos apostando por achegar a lectura á infancia e por facer da biblioteca un espazo de encontro, aprendizaxe e descubrimento.

📖 Actividade financiada pola Xunta de Galicia Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.

MOSTRA I  💚 A artesá, Carmen Riveiro, recibiu en Madrid o premio Autónoma do Ano 2026, un merecido recoñecemento a toda ...
21/10/2026

MOSTRA I 💚 A artesá, Carmen Riveiro, recibiu en Madrid o premio Autónoma do Ano 2026, un merecido recoñecemento a toda unha vida dedicada a preservar e divulgar a arte do liño.

Desde o Castelo de Vimianzo, onde comparte o seu saber facer con milleiros de visitantes, contribúe a manter viva unha tradición que forma parte da nosa identidade e do patrimonio da Costa da Morte.

Parabéns por este merecido recoñecemento!

🔗

Aos seus 78 anos, a artesá segue en activo no castelo de Vimianzo e asegura que aínda lle quedan moitas ideas por tecer

BIBLIOTECA I 📚 A lectura enche Vimianzo de historias e imaxinación!Esta mañá, Anxo Moure chegou á Biblioteca Municipal a...
20/10/2026

BIBLIOTECA I 📚 A lectura enche Vimianzo de historias e imaxinación!

Esta mañá, Anxo Moure chegou á Biblioteca Municipal acompañado da rapazada da Escola Infantil Municipal Os Vimianziños para compartir O carballo con botas, nunha sesión de contos para g***r e aprender en contacto coa natureza. 🌳

No Auditorio da Casa da Cultura, Raquel Queizás presentou Raposadas ao alumnado da EEI de Carantoña e do CEIP San Vicenzo, achegándolles novas historias e aventuras arredor da lectura. 📖

Dúas propostas para celebrar a Semana da Biblioteca e fomentar o gusto polos libros desde a infancia.

📖 Actividades financiadas pola Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.


EIM. Vimianziños

NOS MEDIOS I 📰 Vimianzo continúa consolidándose como referente de dinamismo e desenvolvemento na Terra de Soneira e na C...
20/10/2026

NOS MEDIOS I 📰 Vimianzo continúa consolidándose como referente de dinamismo e desenvolvemento na Terra de Soneira e na Costa da Morte.

Desde o Concello, seguimos traballando para impulsar o potencial do municipio, fortalecer a actividade económica e xerar novas oportunidades para a veciñanza.

👀👇🏻

Las nuevas adjudicaciones y el creciente interés de los emprendedores nutren de actividad el parque empresarial soneirán

Dirección

Praza Do Concello, 6
Vimianzo
15129

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981716001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Vimianzo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir