Turismo As Neves

Ligar Como chegar Website

Turismo As Neves Facebook oficial de Turismo As Neves dende 2024

🌿 AVISO | OFICINA DE TURISMO DE AS NEVESDende a Oficina de Turismo de As Neves informamos de que permaneceremos pechados...
15/10/2026

🌿 AVISO | OFICINA DE TURISMO DE AS NEVES

Dende a Oficina de Turismo de As Neves informamos de que permaneceremos pechados temporalmente ata o próximo verán.

💚 Grazas a todas as persoas que nos visitaron e que se achegaron a descubrir o noso concello ao longo desta tempada.

📲 Seguiremos activos a través do noso Instagram, compartindo información, lugares de interese e todo o que As Neves ten para ofrecer.

Se tedes calquera dúbida ou precisades información turística, non dubidedes en contactar connosco por esta vía. Estaremos encantados de axudarvos!

Vémonos o próximo verán! 🍃

🌿🔔 Conta a lenda que, hai moitos anos, os veciños de Setados foron a Portugal para roubar unhas campás, xa que a súa igr...
25/09/2026

🌿🔔 Conta a lenda que, hai moitos anos, os veciños de Setados foron a Portugal para roubar unhas campás, xa que a súa igrexa non tiña ningunha.

Ao regresar, cando pasaban xunto á lagoa, os bois que tiraban do carro asustáronse e as campás caeron ao fondo das súas augas. 🌊

Din que cada 24 de xuño, día de San Xoán, as campás poden escoitarse desde a lagoa, delatando así os seus ladróns... 🔔✨

E o máis curioso é que nós visitamos a lagoa precisamente o 24 de xuño, sen coñecer esta historia.

Casualidade? Ou quizais as campás estaban agardando por nós? 👀🌙

⛲ Fonte de San IgnacioUnha peza de historia no corazón de As Neves.Construída en 1895 en honra a San Ignacio de Loiola, ...
12/09/2026

⛲ Fonte de San Ignacio
Unha peza de historia no corazón de As Neves.

Construída en 1895 en honra a San Ignacio de Loiola, esta fonte foi testemuña da evolución do municipio ao longo dos séculos. En 2022, recuperou a súa identidade histórica coa retirada da simboloxía franquista.

✨ Un lugar onde a historia segue viva.

🏛️ Castro de Altamira: historia, misterio e paisaxe sobre o Miño 🌿No alto dun monte, a 324 metros de altitude, o Castro ...
02/09/2026

🏛️ Castro de Altamira: historia, misterio e paisaxe sobre o Miño 🌿

No alto dun monte, a 324 metros de altitude, o Castro de Altamira domina o val do Miño e garda máis de dous mil anos de historia. As súas murallas, antigas cabanas e gravados rupestres lévannos á época dos castrexos e á chegada de Roma.

✨ Pero Altamira tamén é terra de misterios e lendas: tesouros, pasadizos secretos e antigas tradicións que aínda hoxe alimentan a imaxinación.

Un lugar onde arqueoloxía, natureza e lenda se atopan cunhas vistas espectaculares sobre o Miño. 🌄

🍇 ENOTURISMO EN AS NEVES 🍷Hai lugares que se descobren coa mirada, e outros que se descobren cunha copa de viño na man.E...
21/08/2026

🍇 ENOTURISMO EN AS NEVES 🍷

Hai lugares que se descobren coa mirada, e outros que se descobren cunha copa de viño na man.

En As Neves, a tradición vitivinícola forma parte da paisaxe, da cultura e da identidade do territorio. Aquí, entre viñedos, uvas e adegas, o viño convértese nunha experiencia para vivir e compartir.

✨ Descubre as nosas paisaxes.
🍇 Coñece a nosa tradición vitivinícola.
🍷 Saborea os viños das nosas adegas.
🌿 Vive As Neves a través do enoturismo.

Un territorio, un viño, mil experiencias.

🌿 PONTE DA SENRANa parroquia de Santiago de Ribarteme atópase a Ponte da Senra, por onde pasa o antigo camiño cara á Fra...
20/08/2026

🌿 PONTE DA SENRA

Na parroquia de Santiago de Ribarteme atópase a Ponte da Senra, por onde pasa o antigo camiño cara á Franqueira, coñecido como «Camiño dos Frades», e que, segundo a tradición, xa percorría a raíña Isabel de Portugal.

✨ Unha ponte envolta en lenda

Conta a tradición que as mulleres con embarazos complicados acudían á ponte e deitábanse debaixo dela, á espera de que chegase un home e unha muller que serían os padriños do neno.

Eles debían botarlle auga sobre o abdome da futura nai, mentres os familiares permanecían a ambos lados da ponte para impedir que ningún animal a cruzase, pois iso podía romper o feitizo.

Un lugar onde historia, tradición e lenda se entrelazan. 🌿

Non sabes que visitar en As Neves ?Aquí deixámosche como opción As Esculturas de Redondelo.🗿Podes chegar en coche ou a p...
19/08/2026

Non sabes que visitar en As Neves ?

Aquí deixámosche como opción As Esculturas de Redondelo.🗿
Podes chegar en coche ou a pé a través dun pequeño sendeiro que hai dende o centro do concello.🚶‍♀️‍➡️🚗

Achégate á oficina de turismo para descubrir cal é.

O Sendeiro dos Pescadores percorre a beira galaica do Río Miño.🏞️Nesta ruta poderás ver as pesqueiras do río. Construcci...
14/08/2026

O Sendeiro dos Pescadores percorre a beira galaica do Río Miño.🏞️
Nesta ruta poderás ver as pesqueiras do río. Construccións de pedra empregadas para a pesca da lamprea utilizando diferentes redes. Estás pesqueiras aparecen xa documentadas no século XI, ainda que é posible que moitas se remonten al romanos.

A lamprea, un sabor único, intenso e profundamente ligado ás aguas do Miño. Un dos grandes tesouros da gastronomía de As Neves.🐟

🌞🌚 Sabías que o vindeiro 12 de agosto terá lugar un eclipse solar total?Será o primeiro eclipse total visible en España ...
30/07/2026

🌞🌚 Sabías que o vindeiro 12 de agosto terá lugar un eclipse solar total?

Será o primeiro eclipse total visible en España dende 1912, un acontecemento histórico que non quererás perder.

A partir das 19:30 horas, a Lúa irá cubrindo pouco a pouco o Sol ata ocultalo por completo, convertendo por uns minutos o solpor nunha auténtica noite.

📍 O miradoiro do Monte San Nomedio é un lugar privilexiado para vivir esta experiencia única, rodeado de natureza e cunhas vistas espectaculares.

E ti, xa tes plan para ver o eclipse? ✨🌄

🗓️ Calendario 2025 — Romarías e Festas Gastronómicas en As NevesMARZO-ABRIL18 e 19 de abril (Venres e Sábado Santo) → 🧀 ...
15/11/2025

🗓️ Calendario 2025 — Romarías e Festas Gastronómicas en As Neves
MARZO-ABRIL
18 e 19 de abril (Venres e Sábado Santo) → 🧀 ###II Feira do Requeixo e do Mel
📍 Praza Maior de As Neves
Festa de Interese Turístico de Galicia. Degustacións de requeixo con mel, artesanía, actuacións musicais e exposicións de produtos locais.
MAIO
Festas parroquiais menores en diferentes lugares (Tortoreos, San Roque, etc.), con comidas populares e música tradicional.
XULLO
24 e 25 de xullo (Xoves e Venres) → 🍷 XIX Festa do Tinto Rías Baixas
📍 Praza Maior e adegas da contorna
Exaltación do viño tinto das Neves, con catas, tapas, roteiros polos viñedos e concertos.
29 de xullo (Martes) → ⚰️ Romería de Santa Marta de Ribarteme
📍 Parroquia de San Xosé de Ribarteme
Tradicional procesión dos “cadaleitos”, ofrendas á Santa Marta e gran festa campestre con carne ó caldeiro, polbo e música galega.
AGOSTO
3 de agosto (Domingo) → 🍽️ VI Festa da Paella
📍 Praza do Mercado
Paella popular, música e actividades para familias.
5 de agosto (Martes) → 🌿 Festa de Nosa Señora das Neves
Festividade local con actos relixiosos, música e feira tradicional.
7 de agosto (Xoves) → 🏞️ Romería de San Nomedio (Taboexa)
Celebración no monte con misa, procesión e xantar campestre.
24 de agosto (Domingo) → 🙏 Romería de San Bartolomeu (do Medo)
Romaría tradicional con procesión, música e postos de gastronomía popular.
OUTUBRO
11 de outubro (Sábado) → 🥩 Festa da Carne ó Caldeiro de Santa Marta de Ribarteme
Degustación de carne ó caldeiro, pan de millo e viño tinto da zona. Actuacións folclóricas.
DECEMBRO
Festas parroquiais e mercadiños de Nadal con produtos locais: mel, licores e doces

Endereço

Marquesa Do Pazo, 22
Vila Franca Do Campo

Horário de Funcionamento

Quarta-feira 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Quinta-feira 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Sexta-feira 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Sábado 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Domingo 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00

Telefone

+34684723206

Notificações

Seja o primeiro a saber: enviamos-lhe um e-mail quando Turismo As Neves publicar novidades e promoções. O seu endereço de e-mail não será utilizado para nenhum outro fim e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Atalhos

Patrocinado

Partilhar