77 Turismo de Betanzos

77 Turismo de Betanzos Visitas guiadas a Betanzos

11/09/2026

Hoxe ímonos ata as alturas!! ⛰️

Estes vindeiros días celebrarase en Betanzos unha nova edición da Festa do Lúpulo. Este evento busca conxugar a música, ...
09/09/2026

Estes vindeiros días celebrarase en Betanzos unha nova edición da Festa do Lúpulo. Este evento busca conxugar a música, a cervexa e a cultura e Historia deste cultivo na nosa bisbarra.

Aínda coñecido a día de hoxe coma o "ouro verde", o lúpulo chegou a abarcar centos de hectáreas de cultivo entre o noso concello e zonas tan afastadas coma a área de Ferrol ou Oroso. Os estudos de finais dos anos corenta estimaban chegar a unhas 400 toneladas de produción quedándonos, no seu pico, nas 240.

Esta cantidade, fixo necesaria a construción dun gran almacén no 1948, que foi a orixe da ampliación para Secadoiro do Lúpulo no 1951. A construción aínda medraría en dúas ocasións máis.

Na imaxe, un momento da recollida da flor feminina, a útil para a produción de cervexa, acción que involucraba a familias enteiras da contorna.

E vós, coñeciades esta Historia do Lúpulo?

Un 7 de setembro, pero do 1951, promulgábase un Decreto do Ministerio de Educación para a creación dun Instituto de Ensi...
07/09/2026

Un 7 de setembro, pero do 1951, promulgábase un Decreto do Ministerio de Educación para a creación dun Instituto de Ensinanza Media e Profesional da Modalidade Agrícola e Gandeira en Betanzos.

A necesidade de man de obra no eido agrícola, nunha bisbarra que destacaba por ter un dos cultivos máis importantes do país, o lúpulo, facía necesaria unha especialización e tecnificación.

O Decreto ponse en marcha no ano 1952 cun primeiro deseño dun edificio que deberá ser modificado para ampliar as dependencias do mesmo. Este deseño saiu da mente e das mans dun arquitecto tan importante coma Antonio Tenreiro Brochón, que conseguíu, con este edificio, o Premio Nacional de Arquitectura Escolar.

As obras aínda así, non comezaron ata o 1954, pospóndose a inauguración do centro ata o ano 1957, xa en funcionamento.

Coñecíades a historia deste lugar?

Iniciouse o pasado domingo a Novena de Os Remedios.Comezan, así, as celebracións do Santuario con máis devoción das nosa...
01/09/2026

Iniciouse o pasado domingo a Novena de Os Remedios.

Comezan, así, as celebracións do Santuario con máis devoción das nosas terras betanceiras. Templo do cal se falan miragres en diferentes épocas comezando, como non, pola lenda que fala da aparición da Virxe a Rodrigo Bermúdez de Osorio e a súa orde de erección dunha capela.

De aí ata o día de hoxe, miles de historias de ofrecementos e de persoas devotas que se achegan ao lugar nestas datas!!

Achégase a fin das festas do San Roque deste ano 2026. E, o broche final non pode ser outro máis ca unha nova xira aos C...
24/08/2026

Achégase a fin das festas do San Roque deste ano 2026. E, o broche final non pode ser outro máis ca unha nova xira aos Caneiros.

Contan as malas linguas que, alí, se comete algún que outro pecado... Non saberiamos dicir...!

Pero, quizais, haxa xente que quede con ganas de seguir pola mal camiño alén destas festas. Quizais algunha persoa non tivera suficiente con todos estes días de perdición nos que "santifica-las festas" se convertiu nunha caída no mundo dos praceres mundanos.

Sexa como sexa, se queredes coñecer os verdadeiros pecados que agochan as rúas brigantinas, non dubidedes en reservar praza na nosa visita do "Betanzos dos Pecados Capitais" do vindeiro sábado 29 de agosto. Comeza ás 21:15 hrs!

Alá cada quen coas accións da súa alma!!

⚠️Imprescindible realizar reserva previa⚠️.

As nosas vías de contacto son as seguintes:

💻 www.turismobetanzos.es
[email protected]
☎️ 604.08.32.31

🚨 Importante 🚨 Durante o transcurso da visita tomaranse imaxes con fins publicitarias.

19/08/2026

Seguimos mostrando as obras das Balconadas 2026!! 👩‍🎨🧑‍🎨🖼🎨

Dan, hoxe, comezo as festas patronais de Betanzos, na honra do San Roque!! 🎆🎇Durante os doce vindeiros días a cidade ser...
14/08/2026

Dan, hoxe, comezo as festas patronais de Betanzos, na honra do San Roque!! 🎆🎇

Durante os doce vindeiros días a cidade será o escenario de música, baile e tradicións de distintos tipos. O inicio oficial dáse esta tarde coa lectura do pregón que, neste ano 2026, será a cargo da betanceira Dolores Vázquez. 📝

Dende esta conta só queremos desexarvos o mellor para estas xornadas nas que o sentimento betanceiro estará, máis ca nunca, á flor de pel.

Contádenos: cal é o voso momento favorito destas celebracións?

Só nos queda berrar ben alto e forte:

- Betanceir@s, que queredes?

- Que suba o pan e baixe a caña!!! 🫰

11/08/2026

A nosa compañeira e amiga Aida de , falou onte, na súa sección "Pateamos" de da con Teba Chacón, da Reserva da Biosfera das Mariñas e sa cantidade de actividades de calidade que se poden realizar na mesma.

Non só falou de nós, senón que citou as actividades de no Pazo de Mariñán e na zona de Miño, das rutas acuáticas de , das actividades de e na zona de Sobrado, as visitas a ou .

Ademais, mencionou os centros de interpretación da na zona e a posibilidade de navegar pola ría de Betanzos ata as bateas de Lorbé, ben no .rbmarinascorunesas , ou nos barcos de ou de .

Sen esquecer restaurantes coma a ou .acarboeira .

Disto e de moito máis se fala neste programa. O resto podedes descubrilo na web www.turismo.marinasbetanzos.gal

Achegámonos ao inicio das festas patronais betanceiras na honra de San Roque, santo a quen se lle atribúe ternos salvado...
10/08/2026

Achegámonos ao inicio das festas patronais betanceiras na honra de San Roque, santo a quen se lle atribúe ternos salvado da gran epidemia de peste negra do Século XIV. Xa a comezos do Século XV se documentan novas das primeiras celebracións na súa honra na capela coa súa advocación.

Pero o número de días de duración das festas variou moito ao longo do tempo, tal e como podemos ver neste programa do 1880. Tamén variaron as actividades que se celebraban nun primeiro momento das que consideramos agora.

Nos últimos tempos a data de inicio é no 14 de agosto e o día de remate dáse despois da xira aos Caneiros do día 25. 🎈🚤🚣‍♀️

E, xa que estamos, hoxe queremos preguntarvos: Que cambios sorprendentes vedes na programación? ?al é a vosa mellor lembranza do San Roque betanceiro? 🤔 📝❓️

Hoxe apetecíanos compartir unha foto acorde ao día solleiro que temos. Nesta estampa, podemos ver a Fonte das Catro Esta...
05/08/2026

Hoxe apetecíanos compartir unha foto acorde ao día solleiro que temos.

Nesta estampa, podemos ver a Fonte das Catro Estacións que permanece na súa ubicación orixinal do que foi a parte baixa do Parque do Pasatiempos.

Nela, represéntase catro ninfas con elementos que aluden a cada unha das catro estacións do ano.

No caso do verán, a representación é a dunha muller que sostén a túnica por debaixo do seu peito. É só unha alusión á calor estival? Ou será unha referencia, tamén, á visita que temos do "Betanzos dos Pecados Capitais"?

E falando desa visita, lembrade que a temos programada para este vindeiro sábado, 8 de agosto, ás 21:15 hrs.

⚠️Imprescindible realizar reserva previa⚠️.

As nosas vías de contacto son as seguintes:

💻 www.turismobetanzos.es
[email protected]
☎️ 604.08.32.31

🚨 Importante 🚨 Durante o transcurso da visita tomaranse imaxes con fins publicitarias.

Dirección

Betanzos

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando 77 Turismo de Betanzos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a 77 Turismo de Betanzos:

Atajos

Compartir

Categoría