14/08/2026
Vivenda independente á venda en Té - Taragoña 🏡
Se andas na procura dunha casa ampla, independente, con boa comunicación, con espazo exterior e xardín, esta propiedade pode ser unha opción moi interesante.
📍 Taragoña · Rianxo
🏠 249 m² construídos
🌿 Parcela de 626 m²
🛏️ 5 dormitorios
🛁 2 baños
🍳Cociña independente
☀️ Orientación oeste
A vivenda distribúese en dúas plantas máis baixo cuberta. Na planta baixa conta con cociña independente, salón, comedor, baño e un dormitorio; na primeira planta atopamos outros catro dormitorios, un segundo baño e un agradable espazo con balcón.
Ademais, dispón dun baixo cuberta versátil e amplos espazos exteriores arredor da vivenda, incluíndo unha zona posterior con galpón e lavandería.
Un dos seus grandes atractivos é a localización: a uns 100 metros do acceso á autovía e moi preto de supermercado, gasolineira e outros servizos.
Unha casa con moitas posibilidades, tanto como vivenda habitual como para desfrutala como segunda residencia.
PREZO: 227.000€