07/08/2026
🏕️ O Campamento de Verán de Santiso chega ao seu fin despois de cinco semanas cheas de actividades, aprendizaxe e, sobre todo, moitos bos momentos!
Comezamos o luns enchendo de cor o campamento cunha divertida Festa Holi da man de Sisel Galicia. O martes, o Programa de Lecer e Consumo da Xunta de Galicia achegounos unha xornada diferente na que aprender e divertirse foron da man.
O mércores foi a quenda de Cabaleiros do Pantano: os nenos e nenas puideron achegarse ao mundo dos cabalos, coñecelos de preto e mesmo g***r da experiencia de montar neles.
O xoves cambiamos de escenario para pasar a mañá na Área Recreativa da Cornella, gozando da natureza e refrescándonos no río. E o venres, piscina, auga e diversión para despedir o campamento cunha xornada de inchables xunto a Sisel Galicia.
Queremos agradecer a todas as persoas e entidades que colaboraron nas actividades desta última semana: Patricia Fernández , Cabaleiros Pantano Pantano, A Cornella Concello Santiso
💚 Despedimos así unhas semanas cheas de xogos, excursións, aprendizaxe e novas experiencias. Grazas a todas as persoas, familias, entidades e empresas que colaboraron e fixeron posible este Campamento de Verán de Santiso.
Foi un pracer compartir estas semanas con todos vós. Agardámosvos o ano que vén! 👋💚