Turismo Tui

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Turismo Tui Perfil oficial de turismo do Concello de Tui.
🌿 Natureza, historia, patrimonio e gastronomía
🥾 Porta do Camiño de Santiago
💙 Tui, un lugar para sentir

31/10/2026
31/10/2026

A próxima semana o xoves 5 e o venres 6 celebrarase en o Coloquio Internacional O Camiño Portugués. Pasado, presente e futuro dunha singular ruta xacobea.

📍 Celebrarase no Espazo Sociocultural, na rúa Camilo José Cela.

A xestión dos camiños portugueses, os 800 anos da consagración da Catedral, o Camiño de Santiago e o desenvolvemento sostible, a presenza e acollida de peregrinos, a promoción, ... serán algúns dos temas que se aborden ao longo das dúas xornadas do coloquio no que participarán destacados expertos.

✍Inscrición gratuita en [email protected].

31/10/2026

🎨 XI Concurso de Pintura ao Aire Libre Pinta Tui
🗓 Domingo 8 de novembro

👩‍🎨👨‍🎨 As rúas, prazas e recunchos tudenses quedarán retratados en fermosas obras de arte que deberán ser realizadas in situ ao longo da xornada.

Están establecidas tres categorías
🖌 Maiores de 18 anos
🖌 De 12 a 18 anos
🖌 Menores de 11 anos

✍Inscrición aberta até o 𝘀á𝗯𝗮𝗱𝗼 𝟳 á𝘀 𝟭𝟮 𝗵 👉 presencialmente na Oficina de Turismo ou enviando o boletín de inscrición a ✉ [email protected], ✉ [email protected] ou ✉ [email protected]

ℹ📝Consulta as bases e descarga o boletín de inscrición na web municipal ou no primeiro comentario.

31/10/2026

No cemiterio de Paramos atópase o panteón de Alejo Gregores, unha xoia funeraria de finais do século XIX que orixinalmente se erguía no antigo cemiterio municipal de Tui, situado no centro da cidade, na zona próxima a onde hoxe atopamos o novo xulgado.

De autoría descoñecida e con capacidade para acoller ata tres persoas, o panteón sorprende pola riqueza dos seus detalles, a súa simboloxía e, especialmente, polo seu impoñente baldaquino. Unha obra monumental que nada ten que envexar ás grandes tumbas dos cemiterios europeos.

Alejo Gregores foi un indiano acomodado que fixo fortuna en Cuba e máis tarde regresou a Tui. Foi concelleiro do noso concello en ata tres ocasións, a primeira, en 1854. Alejo morreu en 1898.

Este Samaín, detémonos diante dunha historia que aínda garda algún que outro segredo. Un lugar que xa forma parte do patrimonio do noso concello.

E ti, coñecías a súa existencia?

~~~~~~~•••••~~~~~~~

En el cementerio de Paramos se encuentra el panteón de Alejo Gregores, una joya funeraria de finales del siglo XIX que originalmente se erigía en el antiguo cementerio municipal de Tui, situado en el centro de la ciudad, en una zona próxima a donde hoy encontramos el nuevo juzgado.

De autoría desconocida y con capacidad para acoger hasta tres personas, el panteón sorprende por la riqueza de sus detalles, su simbología y, especialmente, por su imponente baldaquino. Una obra monumental que nada tiene que envidiar a las grandes tumbas de los cementerios europeos.

Alejo Gregores fue un indiano acomodado que hizo fortuna en Cuba y más tarde regresó a Tui. Fue concejal de nuestro ayuntamiento hasta en tres ocasiones, la primera, en 1854. Alejo murió en 1898.

Este Samaín, nos detenemos ante una historia que aún guarda algún que otro secreto. Un lugar que ya forma parte del patrimonio de nuestro municipio.

Y tú, conocías su existencia?

Esta tarde, no Mercado de San Antonio
30/10/2026

Esta tarde, no Mercado de San Antonio

🎃👻 ESTE VENRES, O SAMAÍN CHEGA AO MERCADO DE SAN ANTONIO!

Prepárate para unha tarde terrorificamente divertida en familia!

📅 Venres 30 de outubro
🕔 De 17:00 a 20:30 h

🎨 Pintacaras
👨‍🍳 Obradoiro de cociña co chef Stefano: Unha merenda de medo
🧙 Desfile de disfraces
🎉 Piñata, música e baile

Trae o teu disfrace, as ganas de pasalo ben e prepárate para vivir unha tarde chea de sabor, diversión e sorpresas!

📍 Agardámoste no Mercado de San Antonio, en Tui.

O mellor plan para celebrar o Samaín en familia! 🎃

29/10/2026

🎄 Abrimos o prazo de solicitude de participación para o 🎄

🗓O Mercado de Nadal Concello de Tui Celebrarase do 4 de decembro de 2026 ao 5 de xaneiro de 2027, en tres quendas
🎁Contará con 20 postos
📍Praza da Inmaculada e inmediacións

✍Se queres participar nun dos postos podes cubrir o formulario dispoñible na web municipal antes de 23 h do xoves 12 de novembro.

ℹInformación,📄bases e 📝formulario de inscrición en comentarios e na nosa web.

29/10/2026

⚠️⚠️Atención!! Última oportunidade❗

Lembra que mañá xoves, 29 de outubro, ás 19:30 h, contaremos no Mercado de San Antonio Tui cunha cata de cinco queixos artesanais maridados con dous viños da contorna, onde por só 20 € por persoa poderás g***r de toda unha experiencia experiencia gastronómica.

Aínda estás a tempo de vir. Apúntate no 604 02 62 80 ou facendo click na seguinte ligazón:
🔗 https://l1nk.dev/tuvcs03

e non deixes pasar esta oportunidade.

Máis información en Al Dente

29/10/2026

Buscamos a Emoción no Viño.
Descubrindo territorios
e viticultores con pasión e compromiso.
Ás vidas que latexan en cada un dos seus tragos.
Anunciando as revolucións do viño
por un rural vivo, libre e auténtico.

Dirección

Túy

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo Tui publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Turismo Tui:

Atajos

Compartir

Agencias De Viajes cercanos