Terras de Santiago

Terras de Santiago Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Terras de Santiago, Guía turístico, Cibran, nº 4/San Xián de Sales, Vedra.

15/09/2026

🍄 CURSO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA 🍄

A tempada de cogomelos continúa e desde ASOCIACIÓN AMABUL , co apoio do GDR Terras de Compostela , propoñemos unha nova oportunidade para achegarse ao fascinante mundo da micoloxía.

Un curso práctico, accesible e pensado para aprender a identificar fungos con maior seguridade e autonomía, coñecendo os seus hábitats, as principais especies e as boas prácticas para a súa identificación e consumo.

🔎 Que faremos?
🌿 Observación directa e saídas de campo
📖 Traballo con claves e guías de identificación
🍄 Revisión e identificación de exemplares
⚠️ Micetismos, seguridade e boas prácticas alimentarias
🍽️ Gastronomía e nutracéutica dos cogomelos.

📚 CONTIDOS
• Introdución á micoloxía e identificación básica
• Uso de claves e guías
• Principais especies de fungos
• Micetismos e seguridade
• Gastronomía e nutracéutica

📅 10, 17 e 24 de outubro
⏰ De 10:00 a 19:00 h
📍 Aula Ambiental AMABUL – Vedra
👥 Dirixido a persoas maiores de 18 anos
🎟️ Prazas limitadas!
💶 Inscrición gratuíta + 10 € de reserva de praza

A reserva deberá realizarse antes do 27 de setembro. A praza quedará confirmada unha vez efectuado o pagamento.

👉 Se queres aprender a mirar o monte con outros ollos e dar os primeiros pasos no mundo da micoloxía, este curso é para ti! 🍄🌿

15/09/2026

🍄🧺 CURSO DE CESTARÍA MICOLÓXICA 🧺🍄

Queres aprender a elaborar a túa propia cesta para ir aos cogomelos? 🌿🍄

Desde o GDR Terras de Compostela presentamos o Curso de Cestaría Micolóxica, impartido polo cesteiro Luís do Río, no que aprenderemos a traballar coas tradicionais vergas para crear unha cesta que cada participante levará consigo ao rematar o curso.

Unha oportunidade para achegarnos á cestaría tradicional, coñecer as súas técnicas e recuperar un oficio ligado ao noso territorio. 🌱

📅 Sábado, 3 de outubro
⏰ 10:00–14:00 h e 16:00–20:00 h
📍 Aula Ambiental Amabul (Vedra)
Inscrición gratuíta + 10 € de reserva de praza.
Preinscrición mediante o formulario: https://www.amabul.org/cultivomico/
Prazo para confirmar a praza: ata o 20 de setembro

👉 Anímate a aprender, crear e levar para casa a túa propia cesta micolóxica! 🍄🧺

15/09/2026

📢 Nova viaxe pola arte medieval de Teo da man da Asociación Cultural Colectivo A Rula.

⛪ Nesta terceira edición da Ruta do Románico teense, os participantes poderán visitar as igrexas de San Cristovo de Reis, San Miguel de Rarís e Santa María de Lampai, co fin de aprender a interpretar as formas, os símbolos e as historias que conservan estes conxuntos patrimoniais.

🔗 Tendes toda a información dispoñible en teo.gal, no apartado de actividades.

15/09/2026

🍽️🏃 𝐎 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚 𝐭𝐚𝐦𝐞́𝐧 𝐭𝐞𝐫𝐚́ 𝐬𝐚𝐛𝐨𝐫 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥

Coincidindo coa celebración do 🏃‍♀️‍➡️ 🏃‍♂️‍➡️ 𝐈𝐗 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚, o pavillón de San Vicenzo acollerá a actividade 🍽️ 𝑺𝒂𝒃𝒐𝒓 𝒆 𝒕𝒓𝒂𝒅𝒊𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒄𝒐𝒏 𝒔𝒉𝒐𝒘𝒄𝒐𝒐𝒌𝒊𝒏𝒈, incluída no programa 𝐸𝑥𝑝𝑒𝑟𝑖𝑒𝑛𝑐𝑖𝑎𝑠 2026 de Terras de Santiago

👨‍🍳 𝐉𝐨𝐬𝐞́ 𝐌. 𝐌𝐚𝐥𝐥𝐨́𝐧 ofrecerá unha 𝐝𝐞𝐦𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐜𝐢𝐧̃𝐚 𝐚𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐧̃𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐝𝐞𝐠𝐮𝐬𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥 para completar unha xornada na que deporte e gastronomía compartirán protagonismo.

🗓️ 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟐𝟕 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨
🕛 𝐀 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝟏𝟐.𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬
📍 𝐏𝐚𝐯𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐳𝐨 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚
🆓 𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐠𝐫𝐚𝐭𝐮𝐢́𝐭𝐚

Achégate e goza desta cita que 🙌 nos achega aos sabores do noso territorio❗

👟 Se aínda non te anotaches no Trail ou na andaina, podes facelo en Carreiras Galegas 🔗 https://goo.su/09VmZw

A actividade conta coa colaboración do Concello da Baña.

10/09/2026
10/09/2026

🏃‍♀️🏃 𝐂𝐨𝐧𝐭𝐢𝐧𝐮́𝐚 𝐚𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐨 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫 𝐧𝐨 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚

O vindeiro 🗓️ 𝟐𝟕 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 celebraremos o 𝐈𝐗 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚, que este ano dá un novo paso ao incorporarse á 𝐒𝐞𝐫𝐢𝐞 𝐎𝐮𝐫𝐨 da Federación Galega Atletismo, a máxima categoría do calendario galego de trail running.

Nesta novena edición poderase escoller entre 4️⃣ modalidades adaptadas a diferentes niveis:
⛰️ 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐥𝐨𝐧𝐠𝐨: 28 km, 15 € , máximo de 200 participantes
⛰️ 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨: 18 km , 12 € , máximo de 200 participantes
🏃 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐜𝐮𝐫𝐭𝐨: 8 km , 10 €
🚶 𝐀𝐧𝐝𝐚𝐢𝐧𝐚 𝐧𝐨𝐧 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐞𝐭𝐢𝐭𝐢𝐯𝐚: 8 km, 5 €
Todas as persoas participantes recibirán un 🎁 𝐨𝐛𝐬𝐞𝐪𝐮𝐢𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐦𝐞𝐦𝐨𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐫𝐚́𝐧 🍌 𝐜𝐨𝐧 𝐚𝐯𝐢𝐭𝐮𝐚𝐥𝐥𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐟𝐢𝐧𝐚𝐥 ao remate da proba.

⚠️ Lembra ademáis que este 🗓️ 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨, 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, a Federación Galega de Atletismo celebra unha sesión do Plan Galego de tecnificación de 👟 𝐭𝐫𝐚𝐢𝐥 𝐫𝐮𝐧𝐧𝐢𝐧𝐠 no noso concello.
📍 𝐎 𝐩𝐚𝐯𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐳𝐨 será o punto de encontro da 𝐬𝐞𝐥𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 para unha 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐝𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 que se desenvolverá entre as 🕥 10.30 e as 18.30 horas

📝 As 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 continúan abertas na plataforma Carreiras Galegas: 👉 https://goo.su/09VmZw
📄 𝐑𝐞𝐠𝐮𝐥𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐥𝐞𝐭𝐨:👉 https://goo.su/YwmqmF
ℹ️ 𝐌𝐚́𝐢𝐬 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧:👉 https://goo.su/F7tIPV

10/09/2026

🌿🧘‍♂️ 𝐗𝐨𝐠𝐨 𝐞 𝐦𝐢𝐧𝐝𝐟𝐮𝐥𝐧𝐞𝐬𝐬 𝐜𝐨 𝐩𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐇𝐞𝐫𝐛𝐨́𝐧

O próximo 🗓️ 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 convidámoste a vivir unha experiencia diferente no ⛪ 𝐞𝐱𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨𝐫 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐇𝐞𝐫𝐛𝐨́𝐧, descubrindo a historia do pemento máis famoso de Galicia a través do 𝐱𝐨𝐠𝐨, 𝐝𝐚 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐝𝐨 𝐦𝐢𝐧𝐝𝐟𝐮𝐥𝐧𝐞𝐬𝐬.

👉 As persoas participantes deberán atopar as diferentes pezas dun mapa escondidas no medio natural. Cada unha delas agocha unha proposta para conectar coa contorna e con nós mesmos: pequenas meditacións, respiración consciente, dinámicas cos cinco sentidos, baños de bosque, creacións artísticas con elementos da natureza e moitas máis sorpresas.

👉 E ao completar o mapa... chegará a recompensa final: a creación duns estoxos/carteiras máxicas para gardar todos os tesouros da aventura.

🔎 𝐃𝐚𝐭𝐨𝐬 𝐜𝐥𝐚𝐯𝐞:
🗓️ Sábado 19 de setembro de 2026 ás 11.00 h
📍 Lugar: Convento de Herbón
💷 Prezo: Actividade gratuíta (previa reserva)
👥 Prazas: Limitadas
👨‍👩‍👧‍👦 A actividade é para todos os públicos (as crianzas deberán estar acompañadas por persoas adultas).
🥾 Recoméndase traer calzado pechado e roupa que se poida manchar, xa que empregaremos pinturas téxtiles para personalizar os estoxos.

👉 𝐈𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢́𝐛𝐞𝐭𝐞 𝐚𝐪𝐮𝐢́: www.padronturismo.gal/inscricions

Esta actividade forma parte das 🌿 𝐄𝐱𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝟐𝟎𝟐𝟔 𝐝𝐚𝐬 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨, un ciclo de actividades de ecoturismo que convida a descubrir o territorio a través da gastronomía, do patrimonio e das tradicións locais. 𝑨𝒈𝒂𝒓𝒅𝒂́𝒎𝒐𝒔𝒕𝒆❗

09/09/2026

🍄‍🟫 O Concello abre a programación das súas xornadas micolóxica, cunha experiencia que nos permitirá coñecer todo o proceso do shiitake, desde o cultivo ecolóxico en madeira de carballo ata as súas posibilidades na cociña.

👉 Para iso, contaremos co micólogo, Miguel Tembra, quen nos ensinará os coidados básicos necesarios para desenvolver este cultivo de maneira sinxela e respectuosa co medio.

👉 Tamén estará o chef Manuel Rey, de Onde Keiras, quen elaborará en directo unha proposta culinaria con shiitake para as persoas participantes.

⏳ As prazas son limitadas!

09/09/2026

⛰️ O Monte Piquiño: camiños, memoria e paisaxe.

🚶🏻‍♀️ Deixámosvos unha andaina interpretativa para descubrir como as comunidades foron construíndo e transformando esta paisaxe teense ao longo do tempo: os camiños antigos, os usos tradicionais do monte, a relación entre as aldeas, o territorio e as pegadas dunha ocupación milenaria.

📅 Será este sábado, cunha duración aproximada de tres horas de ruta, da man do especialista en interpretación do patrimonio, Antón Bouzas. As prazas son limitadas!

El Pazo do Faramello, situado en el cañón del río Tinto, afluente del Sar, en Rois, es uno de los rincones más espectacu...
08/09/2026

El Pazo do Faramello, situado en el cañón del río Tinto, afluente del Sar, en Rois, es uno de los rincones más espectaculares del patrimonio natural gallego.

O Pazo do Faramello, situado no canón do río Tinto, afluente do Sar, en Rois, é un dos recunchos máis espectaculares do patrimonio natural galego.

Gonzalo Rivero de Aguiar, décima generación de los propietarios, «a los visitantes les sorprende la integración en el bosque»

Dirección

Cibran, Nº 4/San Xián De Sales
Vedra
15885

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Terras de Santiago publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría