24/10/2026
🐴🌿 Mañá, Lourenzá celebra a VI Feira do Cabalo!
Agardámosvos para desfrutar dunha xornada dedicada ao mundo ecuestre, con compravenda de gando, medición de cabalos, probas de andadura serrada e chapeada, concurso morfofuncional de poldros e entrega de premios. 🐎🏆
👧👦 Os máis pequenos tamén poderán desfrutar de paseos gratuítos a cabalo da man de Flor do Toxo.
📅 Domingo, 25 de outubro
🕘 A partir das 9:00 h
📍 Lourenzá
🍽️ Haberá servizo de catering aberto ao público.
📲 No cartel podedes consultar a programación completa, as bases de participación e a información sobre as inscricións.
🌿🐴 Este domingo, vinde vivir a Feira do Cabalo a Lourenzá. Agardámosvos!