Turismo en Outes

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Turismo en Outes Páxina oficial de turismo do Concello de Outes

10/11/2026
04/11/2026

Una delegación encabezada por Luis Oujo expone en el Palacio Ducal la relevancia histórica de la peregrinación que une el puerto muradano con Compostela

Nesta semana recibimos duas visitas no Astelerio. Un Grupo de 24 alumnos e 3 profesores, do Master Habilitante da   en D...
08/10/2026

Nesta semana recibimos duas visitas no Astelerio.

Un Grupo de 24 alumnos e 3 profesores, do Master Habilitante da en Donostia que están a realizar unha viaxe de inicio de curso da man da , coa arquitecta Ane Escribano, antiga alumna desa escola e na actualidade respondable de exposicións da Fundación. Viñeron cun interese e motivación moi clara que é a de visitar obras de arquitectura que desenvolven unha relación profunda co seu territorio. Polo que poidemos falar, ficaron moi agradecidos por que é exactemente o tipo de visitas que viñan buscando. .

Dende Rianxo o acercouse a través dun proxecto europeo &Sustainability con alumnos de Galicia, Alemania, Croacia e Portugal.

AVISO: O Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira, Asteleiro de Ciprían, activa dende este mes de outubro, as Visitas...
02/10/2026

AVISO: O Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira, Asteleiro de Ciprían, activa dende este mes de outubro, as Visitas Concertadas para grupos, colexios, colectivos, asociaciones, etc. Pódense facer as solicitudes a través do correo [email protected]

Turismo de Outes.

Xa vai rematando o verán e nótase a baixada de turistas en cada rincón do territorio pero agora tamén se está movendo es...
19/09/2026

Xa vai rematando o verán e nótase a baixada de turistas en cada rincón do territorio pero agora tamén se está movendo ese turismo de cercanía que ven a descubrir espacios veciños que moitas veces pasan desapercibidos.

Esta semana, que remata, tivemos un volumen de visitas no Espazo Museístico de Carpintería de Ribeira moito mais alto que en plena temporada de verán o que nos fai pensar que os movementos veciñais axudan a compartir experiencias e intercambiar información sobre a historia destes concellos emisores os cales comparten memoria de evolución parecida.

O luns visitounos un grupo de Londres que están a facer inmersión linguistica en Muros.

O martes. mércores e xoves, chegaron dende Redondela casi 500 veciños acompañados por concelleiros e técnicos municipais.

E o sábado reibimos a outro grupo da Coruña que viñeron a visitar a uns amigos de Noia e estes aproveitaron para amosarlle o litoral de Outes.

Seguimos en verán e o territorio é o gran beneficiado de todas estas chegadas.

06/09/2026

Así se presenta a mañan por Broña.

Oportunidades de coñecer a historia do concello a través das parroquias e o seu Patrimonio.
02/09/2026

Oportunidades de coñecer a historia do concello a través das parroquias e o seu Patrimonio.

COÑECE O NOSO PATRIMONIO: RUTAS DE OUTONO 2026 🚶‍♀️‍➡️🚶‍➡️

🍁 Xa temos un novo ciclo de rutas culturais que se desenvolverán este outono .

Como nas edicións anteriores, as inscricións, que son obrigatorias, abriranse o luns previo a cada andaina e para inscribirse hai que cubrir o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou na nosa páxina web:
ℹ https://www.outes.gal/gl/axenda-local/457-conece-o-noso-patrimonio-rutas-de-outono-2026

A maxia está nas pedras e o litoral de Outes cóntanos moitas historias de traballo, das súas xentes e  as distintas acti...
31/08/2026

A maxia está nas pedras e o litoral de Outes cóntanos moitas historias de traballo, das súas xentes e as distintas actividades que se desenvolveron ao longo do tempo.

O sábado pasado realizamos o Roteiro dos Carpinteiros cun grupo familiar da zona de Cambados pero con raíces en Outes. Un percorrido duns 9 km que arrincou no Freixo e levounos bordeando a costa ata Punta Requeixo.

Aínda que o ceo nos regalou ese orballo suave e constante tan típico da nosa terra, lonxe de estragar o día, deulle un ambiente de recoñecemento cara aquelas persoas que dependían do tempo e as mareas para avanzar na construción dos barcos.
O mellor sen dúbida non foi só a paisaxe, senón a morriña e as historias compartidas dos que volven a casa para reconectar coas súas raíces. Fixemos parada obrigatoria no Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira, Estaleiro de Ciprián, onde a historia dos nosos carpinteiros de ribeira cobra vida pura.
Grazas ao grupo e esperamos volver vernos.


La magia está en las piedras y el litoral de Outes nos cuenta muchas historias de trabajo, de sus gentes y las distintas actividades que se desarrollaron a lo largo del tiempo.
El sábado pasado realizamos la Ruta dos Carpinteiros con un grupo familiar de la zona de Cambados pero con raíces en Outes. Un recorrido de unos 9 km que arrancó en O Freixo y nos llevó bordeando la costa hasta Punta Requeixo.

Aunque el cielo nos regaló esa llovizna suave y constante tan típica de nuestra tierra, lejos de estropear el día, le dio un ambiente de reconocimiento hacía aquellas personas que dependían del tiempo y las mareas para avanzar en la construcción de los barcos.
Lo mejor sin duda no fue solo el paisaje, sino la morriña sana y las historias compartidas de los que vuelven a casa para reconectar con sus raíces. Hicimos parada obligatoria en el Espacio Museístico de la Carpintería de Ribeira, Astillero de Ciprián, donde la historia de nuestros carpinteros de ribera cobra vida pura.
Gracias al grupo y esperamos volver a vernos.

Dirección

Outes

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo en Outes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Turismo en Outes:

Atajos

Compartir

Categoría

Agencias De Viajes cercanos